Logo de tratar a poesía da Xeración do 27 na aula, o alumnado de 4º de la ESO visitou a biblioteca para facer unha declamación poética. Cada alumno/escolleu un poema dun autor do grupo do 27, explicou o motivo da súa escolla e recitouno diante dos seus compañeros.
Despois da escoita, intercambiaron impresións sobre os poemas e debateron acerca dos rasgos comúns á poesía desta xeración. Foi un obradoiro moi inspirador e útil para valorar o legado dos autores de case fai un século.
Ningún comentario:
Publicar un comentario