Amosando publicacións coa etiqueta Día da Infancia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Infancia. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de novembro de 2025

Lecturas polo Día da Infancia

 O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria traballou de maneira conxunta o conto Candy Pink, unha historia que lles permitiu reflexionar sobre a diversidade, o respecto e a importancia de aceptarse a un mesmo. A sesión estivo guiada pola titora de 2º, Mary, e polo titor de 4º, Alberto, dentro do proxecto Lecturas polo Día da Infancia, en relación co ODS 4 (Educación de Calidade).




Esta actividade tivo como finalidade promover unha educación inclusiva e equitativa, ofrecendo unha oportunidade de aprendizaxe significativa para todo o alumnado.