Amosando publicacións coa etiqueta Plambe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plambe. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de marzo de 2026

Xornada PLAMBE

 Onte, Sara Perea, profesora de Lingua e integrante do equipo da biblioteca do centro, asistiu en Santiago de Compostela ás xornadas PLAMBE, o Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia deste ano.

Durante a xornada, profesorado de distintos centros participou en sesións de formación, intercambio de experiencias e reflexión arredor do papel das bibliotecas tescolares como espazos fundamentais para fomentar a lectura, a aprendizaxe e a innovación educativa.







Este tipo de encontros permiten coñecer novas iniciativas e recursos que contribúen a seguir mellorando o funcionamento das bibliotecas escolares e a dinamizar a vida cultural e educativa dos centros.

venres, 24 de novembro de 2023

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares-Concertados de Galicia

 Boas novas!

O noso centro ven de ser seleccionado para incorporarse no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares-Concertados de Galicia, logo da solicitude feita ao abeiro da Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24.


Esta incorporación suporá un impulso na nosa meta de facer da biblioteca "moito máis cun espazo con libros": elemento estratéxico para a innovación pedagóxica, que pode axudar a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural da escola, proporcionando ao profesorado e ao alumnado oportunidades para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe.