Amosando publicacións coa etiqueta Formación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Formación. Amosar todas as publicacións

venres, 6 de marzo de 2026

Xornada PLAMBE

 Onte, Sara Perea, profesora de Lingua e integrante do equipo da biblioteca do centro, asistiu en Santiago de Compostela ás xornadas PLAMBE, o Plan de mellora de bibliotecas escolares de Galicia deste ano.

Durante a xornada, profesorado de distintos centros participou en sesións de formación, intercambio de experiencias e reflexión arredor do papel das bibliotecas tescolares como espazos fundamentais para fomentar a lectura, a aprendizaxe e a innovación educativa.







Este tipo de encontros permiten coñecer novas iniciativas e recursos que contribúen a seguir mellorando o funcionamento das bibliotecas escolares e a dinamizar a vida cultural e educativa dos centros.

venres, 6 de febreiro de 2026

Sesión 1 do seminario de formación do profesorado

 O noso profesorado iniciou esta semana a súa andaina no Seminario Permanente: O poder da lectura na escola de hoxe, unha formación clave para seguir transformando o noso centro nun espazo onde os libros sexan os protagonistas.





Nesta primeira sesión, tivemos o pracer de contar con Asun Carballo, asesora de bibliotecas escolares, quen compartiu connosco a súa ampla experiencia. Durante a xornada, abordamos puntos esenciais para o día a día do colexio:

• Organización e xestión: As claves para que a biblioteca sexa un espazoeficiente, accesible e vivo.

• A colección: Como construír un fondo bibliográfico equilibrado, atractivo e adaptado ás necesidades do alumnado actual.

• Impulso á lectura: Reflexionamos sobre a importancia vital de ler no desenvolvemento do pensamento crítico e exploramos novas fórmulas para contaxiar o pracer polos libros dende todas as áreas.

Esta formación supón un paso adiante no noso compromiso por facer da lectura o motor da aprendizaxe. Grazas a Asun Carballo polas súas ensinanzas e a todo o profesorado pola súa implicación neste proxecto.

mércores, 21 de maio de 2025

XVII Xornada dos Clubs de Lectura

 Carmen García, coordinadora dos nosos clubs de lectura, está hoxe na XVII Xornada dos Clubs de Lectura no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Grazas  #bibliotecasescolares por esta oportunidade!







mércores, 30 de abril de 2025

Sesión de formación

 No colexio tivemos unha sesión de formación moi enriquecedora dentro do seminario "Recursos dixitais desde a biblioteca". Nesta ocasión, contamos coa presenza de Yolanda González Guerra, coordinadora da biblioteca do CEIP Plurilingüe de Seixalvo.






Durante a súa intervención, Yolanda explicounos como teñen organizada a súa biblioteca escolar e compartiu con nós unha gran variedade de recursos dixitais que empregan para mellorala e facela máis accesible e próxima a todo o alumnado. A súa experiencia foi moi inspiradora e proporcionounos ideas moi útiles que poderemos adaptar ás nosasnecesidades.

Moitas grazas, Yolanda, por compartir connosco o teu tempo e coñecementos.

martes, 12 de novembro de 2024

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia








 Chus Corral e Sara Perea, coordinadora e integrante do equipo de biblioteca, participaron o sábado na Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia, unha xuntanza de equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas cuxo lema foi "Biblioteca escolar, a escena!".

Chus e Sara puideron participar en actividades que enfatizaron o poder do Teatro como soporte para diferentes relatos e da interpretación como linguaxe poderosa,  o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, e da creación de redes.

 Foi unha oportunidade para pór en valor o papel das bibliotecas escolares galegas e para reforzar vínculos persoais e profesionais!