Amosando publicacións coa etiqueta English. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta English. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de outubro de 2022

Our favourite writers in English

 O alumnado de 3º da ESO comparte este vídeo sobre "Our Favourite Writers in English", unha actividade enmarcada no proxecto Erasmus cuxa finalidade é desenvolver competencias transversais a través do uso das novas tecnoloxías.

Ao longo desta actividade foron quen de buscar, crear e compartir información sobre autores de ficción en inglés, desde clásicos como William Shakespeare, Jane Austen ou Charles Dickens ata escritores/as contemporáneos como J.K Rowling, Stephanie Meyer ou Lenore Kandel.

Podes saber máis na súa páxina en Instagram. Grazas e parabéns!

Unusual retellings of fairy tales

 O alumnado de 4º da ESO celebrou o Día da Biblioteca cunha actividade interlingüística de escritura creativa. Logo facer unha choiva de ideas sobre contos de fadas tradicionais, decidiron recontalos mesturando elementos de cada unha das historias como personaxes, xiros, espazos e finais, e traduciron as historias resultantes ao inglés. 

Velaquí varias imaxes do proceso. Congrats on such an original activity!







xoves, 16 de setembro de 2021

The Benefits of Reading

 Estreamos a sección da ESO e bacharelato no blog da biblioteca con este vídeo en inglés elaborado por alumnos da ESO para o I Festival do Libro, que nos recorda os beneficios da lectura.

Non deixeles de velo!!