O alumnado de 3️⃣ de primaria celebra o Samaín 🎃🎃na biblioteca cunha festa de lecturas arrepiantes 👻👻‼️
Blog da biblioteca do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
mércores, 30 de outubro de 2024
martes, 29 de outubro de 2024
Libros arrepiantes
Agora que se achega o Samaín, visita a biblioteca para ver a nosa selección de libros arrepiantes!
Agardámoste!
Morcegos na biblioteca
"Morcegos na biblioteca" e "La extraña visita" foron os contos elixidos pola profe Patricia para conmemorar o Día das bibliotecas cunha sesión de contacontos para os peques de infantil.
Encantounos! Grazas, profe!!
venres, 25 de outubro de 2024
Os nosos libros favoritos
O alumnado de sexto de primaria celebrou o Día da Biblioteca cun intercambio de recomendacións de lectura no que explicaron que lles aportou cada libro escollido.
Bo traballo!
xoves, 24 de outubro de 2024
Contiños na biblioteca
Moitas grazas ao alumnado de 3 ESO pola súa posta en escea de contos clásicos para os peques de 1 e 2 de primaria no Día da Biblioteca!
mércores, 23 de outubro de 2024
Volve o club de lectura!
Arranca o club de lectura do alumnado de 5º e 6 de primaria!Nesta primeira sesión dedicámonos a escoller un nome para o noso club. A elección final foi “Libros para disfrutar”.
Unha vez escollido o nome, propuxémonos varios obxectivos a lograr: gozar e aprender lendo, debater sobre os libros e divertirnos moito.
A primeira lectura proposta polo club foi Fábulas de Esopo de de Jesús Jiménez Reinaldo (Autor, Traductor) y Jerry Pinkney (Autor).
Mantédevos atentos ás novidades.
Reunirémonos dúas veces ao mes para compartir as nosas impresións, debater e realizar actividades relacionadas con estas fábulas clásicas cheas de sabedoría.
24 de outubro: Día da Biblioteca
Achégase o Día da Biblioteca e ímolo celebrar con actividades para todas as etapas, que podedes consultar neste programa.
Vémonos na biblio!
martes, 22 de outubro de 2024
Video promocional da biblioteca
Non deixes de ver este vídeo do alumnado de 4º ESO-A para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares. Ademáis de amosar os servizos que ofrece a nosa biblioteca, destacan a importancia da lectura, a colaboración e o uso de ferramentas dixitais no seu día a día.
mércores, 16 de outubro de 2024
A nosa biblio na prensa
Hoxe no Xornal Escolar de La Región, a actividade de biblioteca “Un mundo inmenso” na que participou o alumnado de terceiro da ESO. Grazas pola difusión!
martes, 15 de outubro de 2024
Os súper preguntóns
O alumnado de 2º ESO acudiu á biblio para participar nunha actividade que despertou a súa curiosidade.
A lectura colectiva de "Os súper preguntóns" lles axudou a descubrir información moi chamativa relacionada con todas as materias.
- Por que non vai frío nun iglú?
- Cal é a planta que crece máis rápido?
- Por que el espacio es negro?
- Por que non cae a Torre de Pisa?
Agardámoste!
luns, 14 de outubro de 2024
Recomendación de lectura: Un mundo inmenso
Logo de ler, “Un mundo inmenso”, o alumnado de 3º ESO acudiu a biblioteca para facer una procura na wen de información sobre lugares tan sorprendentes como Svalbard o territorio no que está prohibido morir, Iquitos a maior cidade do mundo á que non se pode chegar por Terra, Socotra unha illa doutro planeta ou Transnistria o país que non existe… Se queres saber máis sobre estes lugares tan insólitos, ven coller o libro!
venres, 11 de outubro de 2024
Cinema na biblio
O alumnado de terceiro de primaria participou nunha divertida actividade organizada polo alumnado de secundaria e supervisada pola profe Isa.
Mentres narraban a historia da película “O rei León”, os peques proxectaron a diapositiva de cada escea na parede da nosa biblioteca.
Esta actividade tan orixinal axudonos a valorar o traballo colaborativo.
mércores, 9 de outubro de 2024
martes, 8 de outubro de 2024
Recomendación de lectura
A primeira recomendación de lectura para este curso ven da man do alumnado de 4º ESO, que previamente visitou a biblioteca para facer a súa escolla.
Trátase de relatos de autores clave na literatura universal nunha colección adaptada para nenos. “As orellas do neno Raúl” de Camilo José Cela, “O xigante egoísta” de Óscar Wilde, “O conto dos tres desexos”, de Isaac B. Singer, “A pequena apisoadora” de Graham Greene son algúns dos títulos que xa podedes coller emprestados.
Grazas, chic@s!