O alumnado de 5º e 6º de primaria vén de celebrar a súa segunda reunión mensual. Nesta ocasión traballamos o concepto de retrospección, unha técnica narrativa que altera a orde da narración ao saltar do presente a uns feitos que sucederon no pasado.
Unha vez explicado este concepto, o alumnado tivo que dar resposta a estas preguntas:
- Utilízase esta técnica en Segredos soterrados?
- En que capítulos aparece?
- Que sucesos do pasado son narrados?
- Por que motivo cres que se emprega o flashback?
Ningún comentario:
Publicar un comentario