Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta primaria. Amosar todas as publicacións

mércores, 20 de maio de 2026

Día Internacional dos Museos

 Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou nunha interesante actividade nabiblioteca do colexioconverténdose por un día en auténticos exploradores da  arte e da fotografía.






Durante a sesión, os nenos e nenas aprenderon primeiro que é un museo e cal ésúa función na conservación e difusión do patrimonio culturalCoñecerontamén quen son as persoas que traballan nestes espazos, como conservadores, restauradores, guías ou comisarios, e descubriron algunhas das técnicas que se empregan para coidar e protexer as obras e obxectos antigos para que poidanchegar en bo estado ás futuras xeracións.

Despois desta explicación, a biblioteca transformouse nun pequeno museo escolar. Organizamos unha exposición con diversas pinturas e unha interesante colección de máquinas de fotografía antigas, que espertaron unha enorme curiosidade entre o alumnado. Os rapaces e rapazas observaron con moitaatención cada pezafixándose nos detalles e descubrindo como funcionaban estas cámaras noutra época, cando facer unha fotografía requiría máis tempo, paciencia e técnica que na actualidade.

actividade resultou moi enriquecedora e permitiu que os alumnos e alumnas aprendesen dunha maneira práctica e participativa, achegándose ao mundo dos museos con entusiasmo, respecto e moito interese

domingo, 17 de maio de 2026

Letras Galegas 2016

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2026, o alumnado do noso centro participou en diferentes actividades organizadas arredor da lingua, a cultura e as tradicións de Galicia, promovendo o coñecemento e o orgullo polas nosas raíces.

Por unha banda, o alumnado de 1º da ESO desenvolveu o proxecto “Falsos Amigos”, unha investigación centrada nos curiosos falsos amigos entre o galego e o castelán. A través deste traballo, os rapaces e rapazas descubriron palabras que presentan unha gran semellanza entre ambas linguas pero que teñen significados diferentes, ampliando así o seu vocabulario e reflexionando sobre a riqueza e singularidade da lingua galega.





Os exemplares elaborados foron entregados á profe Chus, responsable da biblioteca do centro, co obxectivo de compartilos con toda a comunidade educativa e seguir promovendo o uso e coñecemento do galego.

Por outra banda, o alumnado do primeiro ciclo de Primaria participou nunha actividade na biblioteca arredor do libro “O gran libro das nosas cousas”. A través da lectura e do traballo co vocabulario relacionado coa cultura e as tradicións galegas, os nenos e nenas achegáronse a diferentes elementos representativos da nosa terra.


venres, 10 de abril de 2026

Duodécima reunión do club de lectura

 Nesta reunión analizamos o conflito principal da historia: a desaparición da mascota de Carmen e o intento de estafa. O alumnado reflexionou sobre como detectar situacións sospeitosas e a importancia de pedir axuda a persoas adultas. 



Traballouse o pensamento crítico a través da lectura. Unha sesión moi enriquecedora.

venres, 13 de marzo de 2026

Educapalabra

 Os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria participaron nunha divertida actividade na biblioteca do colexio chamada “Educapalabra”, na que aprenderon novas palabras mentres xogaban e utilizaban os ordenadores da biblioteca.










A actividade consistiu en resolver un rosco de letras con palabras relacionadas con diferentes materias que están a estudar na escola, como matemáticas, xeografía, historia, ciencias... A cada letra do rosco correspondíalle unha pista, e os alumnos tiñan que pensar na palabra correcta relacionada co tema.

Cada vez que un alumno acertaba unha palabra, tiña a oportunidade de ir aoordenador da biblioteca e escribila, practicando así tamén o uso do teclado e aprendendo mellor o seu significado. Ademais, o profesor explicaba brevemente que quería dicir cada palabra para que todos puidesen comprendela e recordala.

Os nenos e nenas participaron con moito entusiasmo, levantando a man e querendo responder para poder ir ao ordenador. A actividade converteuse nunmomento moi dinámico e divertido, no que todos colaboraron e aprenderon aomesmo tempo.

Grazas a esta experiencia, o alumnado ampliou o seu vocabulario, practicouinformática e reforzou coñecementos de varias materias dun xeito lúdico. Sen dúbida, foi unha actividade moi entretida na que todos o pasaron xenialaprendendo e xogando coas palabras.

martes, 3 de marzo de 2026

Décima reunión do club de lectura

 Nesta reunión centrámonos no vocabulario do libro “Dona Problemas”. Os nenos e nenas buscaron palabras descoñecidas ou interesantes, deduciron o seu significado polo contexto e consultaron o dicionario cando foi preciso. 


Despois, elaboraron definicións propias e usaron esas palabras en frases que copiaron nos seus cadernos.

Un bo traballo para enriquecer o


mércores, 25 de febreiro de 2026

Novena reunión do club de lectura

 Durante esta sesión traballamos a comprensión lectora a partir do resumo dos primeiros capítulos do libro. O alumnado identificou personaxes, espazos e o problema principal, aprendendo a distinguir as ideas máis importantes. 

A actividade axudou a mellorar a expresión oral e escrita. Tamén compartiron os seus resumos co grupo e por último escribiron un anotaron as ideas principais no seus cadernos.

xoves, 12 de febreiro de 2026

Obradoiro “A Muller na Ciencia”

 Sabíades que moitas das grandes científicas da historia foron invisibilizadas só por seren mulleres? O alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo a traballar no proxecto #NoMoreMatildas para cambiar esta narrativa.











Os nosos nenos e nenas investigaron, reflexionaron e deron voz a aquelas mulleres cuxos logros quedaron na sombra. Compartimos estas imaxes do seu traballo na biblioteca: un esforzo por construír un futuro no que ningunha nena crea que a ciencia non é para ela.


¡Orgullosos do seu compromiso coa igualdade e coa xustiza histórica! 


xoves, 5 de febreiro de 2026

Oitava reunión do club de lectura

 Nesta primeira reunión do club de lectura comezamos un novo libro: Dona Problemas. Rescatadora de mascotas, de O Hematocrítico, con ilustracións de Paco Roca. 


O alumnado observou a portada, coñeceu os personaxes principais e falou sobre o significado de resolver problemas.

Fixeron predicións sobre a historia e amosaronmoita curiosidade pola aventura que van ler. Foi unha sesión de motivación e achegamento á lectura.

domingo, 25 de xaneiro de 2026

Día Mundial da Educación

 Con motivo do Día Internacional da Educación, o alumnado de terceiro e cuarto participou nunha serie de actividades educativas e creativas centradas na figura de Malala Yousafzai, un referente mundial na defensa do dereito á educación.

Durante a xornada, os estudantes realizaron a lectura de diferentes datos e textos sobre a vida e o traballo de Malala, coñecendo a súa historia, a súa loita pola educación das nenas e o seu importante labor como activista. Estas lecturas serviron como punto de partida para reflexionar sobre a importancia da educación como dereito fundamental para todas as persoas.








Ademais, o alumnado levou a cabo actividades artísticas inspiradas en Malala, expresando a través do debuxo e doutras creacións plásticas os valores que ela representa, como a valentía, a igualdade e a perseveranza.


Estas actividades non só fomentaron a aprendizaxe e a creatividade, senón que tamén axudaron a sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da educación no mundo e o papel que cada persoa pode desempeñar para defendela.

venres, 5 de decembro de 2025

Celebramos o Día da Constitución

 O alumnado de 6.º de Primaria celebrou o Día da Constitución cunha actividade creativa e dinámica baseada na figura de Wonder Constitución, unha heroína creada para axudarlles a comprender de maneira sinxela os aspectos clave da Carta Magna.









Ao longo da xornada, o estudantado traballou conceptos fundamentais como:

  • A aprobación da Constitución
  • A soberanía do pobo español
  • As institucións do Estado
  • A división territorial de España

Ademais, descubriron os tres grandes “superpoderes” do Estado:

  • Poder lexislativo
  • Poder executivo
  • Poder xudicial

Para rematar, reflexionaron sobre os dereitos e deberes da cidadanía e relacionáronos con contos populares, facendo a aprendizaxe máis próxima, significativa e divertida.

Unha experiencia enriquecedora que combinou valores cívicos, creatividade e imaxinación.