Amosando publicacións coa etiqueta emocións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta emocións. Amosar todas as publicacións

martes, 2 de decembro de 2025

Novidades: Libros que falan das emocións

 A biblioteca do colexio énchese estes días de cores, historias e… ¡moitas emocións! Queremos convidar a todo o alumnado a achegarse para descubrir as novidades que acaban de chegar, unha selección de libros pensados para axudarnos a entender mellor o que sentimos.





Entre as estanterías atoparedes contos e novelas que falan da alegría, da tristura, da sorpresa, do enfado, do medo… Relatos que nos axudan a poñer nome ao que pasa dentro de nós e que nos ensinan que todas as emocións son importantes e teñen o seu lugar.

Estes libros son perfectos para ler na casa, na aula ou nos momentos tranquilos da biblio. Ademais, están pensados para todas as idades: desde os máis pequenos ata quen xa se anima con lecturas máis longas.

Animádevos a pasar pola biblioteca, explorar as novidades e atopar ese libro especial que vos axude a coñecervos un pouquiño mellor. As emocións tamén se len, e na nosa biblio están esperando por vós.

xoves, 21 de marzo de 2024

Obradoiro de intelixencia emocional

 O alumnado de 1 de primaria participou nun obradoiro que xirou en torno a un dos títulos da nosa biblioteca: “O Monstruo de Cores”, unha historia na que o protagonista aprende a recoñecer emocións coma a alegría, a tristura, o medo, a ira e a calma, cada unha asociada a unha cor.

Velaquí varias imaxes: