Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recomendacións de lectura. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de xaneiro de 2026

Novo ano, new books in the library!

Comezamos o novo ano na biblio cunha proposta pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas. Xa está dispoñible unha nova exposición de libros de contos en inglés, dirixida ao alumnado de educación infantil e da primeira etapa de primaria.









A través de historias sinxelas, ilustracións atractivas e personaxes divertidos, os nenos e nenas poden ter un primeiro contacto coa lingua inglesa dun xeito natural e lúdico 📖🇬🇧. A lectura convértese así nunha ferramenta para aprender, imaxinar e gozar, favorecendo o gusto polos libros desde idades temperás.

Animámosvos a visitar a biblioteca, explorar a exposición e deixarvos levar polas historias. Ler tamén é unha aventura… en inglés!  

martes, 2 de decembro de 2025

Novidades: Libros que falan das emocións

 A biblioteca do colexio énchese estes días de cores, historias e… ¡moitas emocións! Queremos convidar a todo o alumnado a achegarse para descubrir as novidades que acaban de chegar, unha selección de libros pensados para axudarnos a entender mellor o que sentimos.





Entre as estanterías atoparedes contos e novelas que falan da alegría, da tristura, da sorpresa, do enfado, do medo… Relatos que nos axudan a poñer nome ao que pasa dentro de nós e que nos ensinan que todas as emocións son importantes e teñen o seu lugar.

Estes libros son perfectos para ler na casa, na aula ou nos momentos tranquilos da biblio. Ademais, están pensados para todas as idades: desde os máis pequenos ata quen xa se anima con lecturas máis longas.

Animádevos a pasar pola biblioteca, explorar as novidades e atopar ese libro especial que vos axude a coñecervos un pouquiño mellor. As emocións tamén se len, e na nosa biblio están esperando por vós.

mércores, 26 de novembro de 2025

Lecturas polo 25N

 Ao longo destes días, o noso centro encheuse de carteis que convidan a parar, pensar e sensibilizarse, lembrándonos a importancia de construír relacións baseadas no respecto e no bo trato.


Na biblioteca, preparamos tamén unha pequena exposición de lecturas sobre igualdade e prevención da violencia de xénero, dispoñible durante toda a semana para que profesorado e alumnado poidan achegarse a reflexións que inspiran e transforman.








O profesorado sumouse a este compromiso lucindo lazos morados, símbolo de apoio ás vítimas e de rexeitamento firme de calquera forma de violencia.

Pequenos xestos que, unidos, fortalecen unha escola máis consciente, segura e humana.
Porque educar en igualdade é abrir camiño e sementar futuro.

venres, 19 de setembro de 2025

Novo curso, novos xogos!

 Comezamos o curso con novos xogos na biblio!

Achegádevos para gozar do material das imaxes e moito máis! Son unha excelente oportunidade para aprender xogando, compartir en equipo e pasar un bo momento!

Descubre novas formas de aprender!




luns, 19 de maio de 2025

Agasallo Erasmus

 Grazas ao alumnado e profesorado que estivo de  mobilidade Erasmus no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataíde en Peniche, Portugal, polos fermosos libros que trouxeron para facer a biblio máis plurilingüe.








venres, 9 de maio de 2025

Día de Europa

 Este 2025 cúmprense 75 anos da Declaración Schuman, a orixe da paz, unidade e cooperación en Europa.

Queres saber como naceu a Unión Europea?

📚 Explora a nosa selección de libros e recursos!

🔹 O futuro dun soño: Europa 2046

🔹 Breve guía do euro

🔹 O ABC do dereito da UE

🔹 Modules d’enseignement de l’Europe

🔹 Treasure Hunt on the Farm (para os máis peques)

Ven á biblioteca e descobre Europa connosco!

venres, 2 de maio de 2025

2 de maio: Día contra o acoso escolar

 Na nosa biblioteca cremos no poder dos libros para xerar empatía, reflexionar e transformar realidades. Con motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, convidámosche a descubrir lecturas que nos axudan a entender e combater esta realidade.

Estes son algúns dos títulos que atoparás dispoñibles:


🐑 Copiota – Ali Pye

Unha tenra historia sobre a importancia de ser un mesmo. Mini sempre imita todo o que fai Maxi, ata que descobre que ser diferente tamén é marabilloso.


🧠 O club dos raros – Jordi Sierra i Fabra

Farto de ser etiquetaxe como "raro", Hugo decide formar un club para todos os que, como el, senten que non encaixan. Un canto á diversidade e ao respecto.


🌈 Violeta & Co. cambian o mundo – Raquel Díaz Reguera

Violeta e os seus amigos descobren que con pequenas accións poden cambiar a súa contorna e facer do colexio un lugar mellor para todos. Unha historia sobre solidariedade e valentía.


👀 Invisible – Eloy Moreno (versión infantil)

Un neno que sente invisible #ante os seus compañeiros e o mundo. Unha emotiva historia sobre a dor silenciosa do acoso escolar e a necesidade de ver a quen máis o necesitan.


🫶 A lección de August – R.J. Palacio

August é un neno cunha malformación facial que, por primeira vez, irá á escola. Unha novela sobre a empatía, a amizade e a aceptación.


⭐ Wonder – R.J. Palacio 

A historia de August contada desde distintas perspectivas, que mostra como cada persoa enfronta o bullying, o medo e o amor de maneira diferente. Unha obra inesquecible que ensina que ser amable sempre marca a diferenza.


📖 Ven a por o teu próximo libro e súmate ao cambio.

luns, 31 de marzo de 2025

Día Mundial do TEA

 Cada 2 de abril é un día para aprender, comprender e celebrar a inclusión. 

Desde a biblioteca escolar, queremos recomendar dous libros que nos axudan a coñecer mellor o trastorno do espectro autista :

📖 Canto nos parecemos – Un fermoso libro de Juan Martos e Carolina Lagoa, ilustrado por Jesús López, the que nos convida a reflexionar sobre as similitudes e diferenzas que nos enriquecen.

📖 TEA de Alejandra González – Unha lectura que nos achega á realidade do Trastorno do Espectro Autista desde unha perspectiva accesible e emotiva.


Achégate á biblio!

 

luns, 27 de xaneiro de 2025

Expo polo Día do Libro Ilustrado

 O equipo de biblioteca ven de preparar esta selección de fondos para celebrar o Día do Libro Ilustrado o vindeiro xoves, 30 de xaneiro.

Achégate á nosa biblio!





biblio!


luns, 18 de novembro de 2024

Selección de fondos de aventuras

📣 Non deixedes de ver esta selección de libros de aventuras para empréstito na nosa biblioteca 📚📚

Agardámosvos‼️









martes, 15 de outubro de 2024

Os súper preguntóns

 O alumnado de 2º ESO acudiu á biblio para participar nunha actividade que despertou a súa curiosidade.




A lectura colectiva de "Os súper preguntóns" lles axudou a descubrir información moi chamativa relacionada con todas as materias. 
  • Por que non vai frío nun iglú? 
  • Cal é a planta que crece máis rápido? 
  • Por que el espacio es negro?
  •  Por que non cae a Torre de Pisa?
Podes atopar estas e outras moitas respostas se ves a biblio.
Agardámoste!

luns, 14 de outubro de 2024

Recomendación de lectura: Un mundo inmenso

 Logo de ler, “Un mundo inmenso”, o alumnado de 3º ESO acudiu a biblioteca para facer una procura na wen de información sobre lugares tan sorprendentes como Svalbard o territorio no que está prohibido morir, Iquitos a maior cidade do mundo á que non se pode chegar por Terra, Socotra unha illa doutro planeta ou Transnistria o país que non existe… Se queres saber máis sobre estes lugares tan insólitos, ven coller o libro!