Amosando publicacións coa etiqueta Día da Biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Biblioteca. Amosar todas as publicacións

sábado, 24 de outubro de 2026

24O: Día da Biblioteca

 Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, o 24 de outubro, o alumnado de 1.º e 3.º da ESO participou en diferentes actividades na nosa biblioteca escolar para conmemorar esta data tan especial e poñer en valor a importancia destes espazos de lectura, coñecemento, cultura e aprendizaxe.

Este ano, baixo o lema «Sen profesionais, non hai bibliotecas», quixemos lembrar o labor imprescindible das persoas que, coa súa dedicación e entusiasmo, fan posible que as bibliotecas continúen sendo lugares vivos, acolledores e cheos de oportunidades para aprender e descubrir novas historias.

1.º da ESO: investigamos, creamos e compartimos



O alumnado de 1.º da ESO achegouse á biblioteca escolar para investigar e reflexionar sobre a importancia das bibliotecas e o papel fundamental dos seus profesionais.

A través da elaboración dunha presentación e da gravación dun vídeo, os alumnos e alumnas prepararon un material divulgativo que compartirán con outros cursos do colexio, co obxectivo de dar a coñecer o valor das bibliotecas e das persoas que as fan posibles.

Unha actividade que lles permitiu desenvolver a competencia dixital, a creatividade, a capacidade de investigación e o traballo colaborativo, converténdose en protagonistas da súa propia aprendizaxe e contribuíndo a transmitir a importancia da lectura a toda a comunidade educativa.

3.º da ESO: damos vida ás novidades da biblioteca









Pola súa banda, o alumnado de 3.º da ESO tamén quixo sumarse a esta celebración cunha proposta chea de creatividade, ilusión e amor polos libros.

Organizados en pequenos equipos, os alumnos e alumnas seleccionaron libros, reorganizaron o espazo de novidades da biblioteca e prepararon recomendacións lectoras para animar a outros compañeiros e compañeiras a descubrir novas lecturas.

O resultado foi un recuncho renovado, cheo de cor, historias e propostas lectoras que convidan a mergullarse en novas aventuras e a deixar voar a imaxinación.

Esta iniciativa permitiulles participar activamente na dinamización da biblioteca escolar, fomentar o gusto pola lectura e descubrir a importancia de compartir recomendacións e experiencias lectoras.

Unha biblioteca chea de vida e aprendizaxe

A través destas dúas propostas, o alumnado de 1.º e 3.º da ESO contribuíu a facer da nosa biblioteca un espazo aínda máis dinámico, participativo e próximo a todos os compañeiros e compañeiras.

Porque unha biblioteca é moito máis ca un lugar onde gardar libros: é un punto de encontro coa lectura, un espazo para investigar, crear, compartir, imaxinar e aprender xuntos.


mércores, 29 de outubro de 2025

venres, 24 de outubro de 2025

Día de la Biblioteca na ESO

 Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, o alumnado de 3º da ESO participou nunha actividade especial de lectura e reflexión arredor do libro “Las niñas del espejo” de Alejandro López. 







Tamén contamos coa participación do alumnado da aula de educación especial do colexio, o que fixo desta unha actividade inclusiva, chea de aprendixaxe e convivencia.

Despois da lectura do libro, realizamos unha posta en común na que falamos sobre a autoestima e sobre a importancia de quererse a un mesmo para poder acadar a felicidade e o benestar persoal. Foi un momento moi enriquecedor no que o alumnado compartiu as súas opinións e experiencias de manera aberta e respectuosa. 

 

Día da Biblioteca en infantil

 Esta semana o alumnado de Educación Infantil celebrou o Día da Biblioteca dun xeito moi especial e cheo de maxia. 







Na biblio do cole tivemos unha sesión de contacontos de Samaín a cargo da profe Thais, que nos fixo viaxar por historias cheas de misterio, cabazas, risas e algunhas pequenas doses de medo.

Os nenos e nenas escoitaron con moita atención, participaron con entusiasmo e demostraron que os libros son portas abertas á imaxinación e á emoción. 

Foi unha xornada moi divertida, na que combinamos o amor pola lectura co espírito do Samaín, enchendo a nosa biblioteca de contos, fantasía e sorrisos.

Grazas, profe Thais, por esta tarde tan especial!

martes, 29 de outubro de 2024

Morcegos na biblioteca

 "Morcegos na biblioteca" e "La extraña visita" foron os contos elixidos pola profe Patricia para conmemorar o Día das bibliotecas cunha sesión de contacontos para os peques de infantil. 




Encantounos! Grazas, profe!!

venres, 25 de outubro de 2024

Os nosos libros favoritos

 O alumnado de sexto de primaria celebrou o Día da Biblioteca cun intercambio de recomendacións de lectura no que explicaron que lles aportou cada libro escollido.

Bo traballo!






xoves, 24 de outubro de 2024

Contiños na biblioteca

 Moitas grazas ao alumnado de 3 ESO pola súa posta en escea de contos clásicos para os peques de 1 e 2 de primaria no Día da Biblioteca!












mércores, 23 de outubro de 2024

24 de outubro: Día da Biblioteca

 Achégase o Día da Biblioteca e ímolo celebrar con actividades para todas as etapas, que podedes consultar neste programa.


Vémonos na biblio!

martes, 22 de outubro de 2024

Video promocional da biblioteca

 Non deixes de ver este vídeo do alumnado de 4º ESO-A para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares. Ademáis de amosar os servizos que ofrece a nosa biblioteca, destacan a importancia da lectura, a colaboración e o uso de ferramentas dixitais no seu día a día.

martes, 24 de outubro de 2023

Contacontos polo Día da Biblioteca

 Moitas grazas ao alumnado de 3º A pola sesión de contacontos que levaron a cabo para os peques de infantil con motivo do Día das Bibliotecas Escolares. Foi unha posta en escea moi divertida na que, disfrazados e facendo uso de peluches e títeres, contaron as historias A Biblioteca Nocturna  e Lazos de Flor de Minnie.

Velaquí varias imaxes: