Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día da Paz. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xaneiro de 2026

Sesión de contacontos polo Día da Paz

 Con motivo do Día da Paz, na biblioteca realizamos unha entrañable sesión de contacontos dirixida aos peques de Educación Infantil, a partir da lectura do conto “A pomba da paz”. A historia serviunos como punto de partida para falar, dun xeito sinxelo e próximo, sobre o que significa a paz e como podemos convivir mellor cos demais.










Despois da lectura, os nenos e nenas convertéronse en auténticos axudantes da paz. Entre todos pensamos accións pequenas pero moi importantes para o día a día: compartir cos compañeiros, pedir perdón, escoitar con atención, axudar a quen o necesita e resolver os problemas falando con calma.


A través dos contos, os peques seguen descubrindo valores fundamentais que lles axudan a medrar nun ambiente de respecto, empatía e convivencia positiva. Porque educar na paz comeza dende os primeiros anos

xoves, 29 de xaneiro de 2026

Día da Paz 2026

 Con motivo do Día da Paz, a biblioteca do centro deixou de ser, por un día, un espazo de silencio para converterse nun auténtico centro de operacións. O alumnado de 3º de ESO e de Educación Especialparticipou nunha experiencia diferente, na que a educación en valores e a alfabetización dixital foron da man baixo o título “Misión: Rastreadores de Paz en Google Earth”.











O obxectivo principal da actividade foi aprender a utilizar Google Earth como ferramenta de investigación e descubrimento. Seguindo unha guía técnica adaptada, os alumnos e alumnas practicaron como introducir coordenadas xeográficas, navegar polo relevo e empregar o Street View para “baixar á rúa” e explorar monumentos e espazos significativos de todo o mundo.


A través desta viaxe virtual, o alumnado visitou distintos lugares cargados de simboloxía e historia, reflexionando sobre o seu significado:

A Ponte de Mostar (Bosnia e Herzegovina): un exemplo de como a reconstrución pode axudar a unir o que a guerra destruíu.

O Muro de Berlín (Alemaña): unha parada para pensar no impacto de separar comunidades con formigón e ideoloxías.

A Cúpula de Hiroshima (Xapón): unha poderosa lección visual sobre a necesidade de manter viva a memoria para non repetir os erros do pasado.

A Catedral de Coventry (Reino Unido): un espazo para analizar o perdón como alternativa á vinganza.


Para pechar a actividade, cada estudante buscou o seu propio “recuncho de paz” no mapa e localizou tamén o Palacio da Paz da Haia, comprendendo que a paz non é algo abstracto nin alleo, senón unha construción diaria baseada no diálogo, o respecto e a convivencia.


Foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora na que a tecnoloxía serviu de ponte para conectar coas realidades históricas e cos valores universais, demostrando que aprender tamén pode ser viaxar… sen saír da biblioteca. 

luns, 3 de febreiro de 2025

Día da Paz

 O alumnado de 1 e 2 de primaria celebrou o Día da Paz na biblio lendo “Palabras con corazón”, co que aprenderon a importancia de falar con amabilidade e respecto. 

Despois da lectura, cada neno decorou un marcapáxinas especial con mensaxes e debuxos sobre a paz. Estes marcapáxinas  lembraranlles a importancia desta data cada vez que abran un libro. Porque a paz comeza con pequenas accións e palabras cheas de corazón.