Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras galegas. Amosar todas as publicacións

luns, 18 de maio de 2026

Letras Galegas 2026 na ESO

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado da ESO participou nunha actividade especial na biblioteca do colexio dedicada á escritora e xornalista galega Begoña Caamaño. Esta proposta permitiulles achegarse á súa figura e á súa obra, descubrindo a importancia da súa contribución á literatura e á cultura galega.








A actividade comezou cun pequeno traballo de investigación no que os estudantes consultaron diferentes recursos bibliográficos e dixitais da biblioteca para coñecer mellor a biografía da autora. A través desta procura, puideron descubrir aspectos da súa traxectoria persoal e profesional, así como o seu compromiso coa lingua galega e o seu destacado papel no ámbito literario e xornalístico.


Posteriormente, o alumnado realizou a lectura e comentario dalgúns fragmentos das súas obras máis representativas. Esta lectura compartida serviulles para reflexionar sobre cuestións moi presentes nos textos de Begoña Caamaño, como a identidade, a igualdade ou a reinterpretación de figuras femininas da tradición literaria.


A actividade desenvolveuse nun ambiente participativo e enriquecedor, favorecendo o intercambio de opinións, a reflexión colectiva e o gusto pola lectura. Ademais de conmemorar o Día das Letras Galegas, esta experiencia contribuíu a seguir fomentando o interese pola literatura galega entre o alumnado e a valorar a importancia da nosa lingua e cultura.

domingo, 17 de maio de 2026

Letras Galegas 2016

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2026, o alumnado do noso centro participou en diferentes actividades organizadas arredor da lingua, a cultura e as tradicións de Galicia, promovendo o coñecemento e o orgullo polas nosas raíces.

Por unha banda, o alumnado de 1º da ESO desenvolveu o proxecto “Falsos Amigos”, unha investigación centrada nos curiosos falsos amigos entre o galego e o castelán. A través deste traballo, os rapaces e rapazas descubriron palabras que presentan unha gran semellanza entre ambas linguas pero que teñen significados diferentes, ampliando así o seu vocabulario e reflexionando sobre a riqueza e singularidade da lingua galega.





Os exemplares elaborados foron entregados á profe Chus, responsable da biblioteca do centro, co obxectivo de compartilos con toda a comunidade educativa e seguir promovendo o uso e coñecemento do galego.

Por outra banda, o alumnado do primeiro ciclo de Primaria participou nunha actividade na biblioteca arredor do libro “O gran libro das nosas cousas”. A través da lectura e do traballo co vocabulario relacionado coa cultura e as tradicións galegas, os nenos e nenas achegáronse a diferentes elementos representativos da nosa terra.


venres, 16 de maio de 2025

Día das Letras Galegas

 Os alumnos e alumnas de primeiro ciclo de primaria celebraron o Día das Letras Galegas na biblioteca con moita creatividade e ilusión, unha data para lembrar e valorar a nosa lingua e tamén para homenaxear a persoas ou temas importantes da nosa cultura. Este ano, dedicado ao cancioneiro popular galego, pintaron as súas pandeiretas, enchendo de cor e tradición cada recuncho.






xoves, 16 de maio de 2024

Letras Galegas 2024

 Moitas grazas ao alumnado de 2 ESO por este cartaz sobre o legado de Luisa Villalta que xa podedes consultar na biblioteca: 








mércores, 17 de maio de 2023

Día das Letras Galegas

 O alumnado de primaria e da ESO levou a cabo varias actividades para homenxear a Francisco Fernández del Riego no día das nosas letras. 








Para saber máis, consulta esta presentación:

martes, 17 de maio de 2022

Feliz Día das Letras Galegas

 Celebramos o día das nosas letras con moitas actividades que axudaron a coñecer a valorar o legado de Florencio Manuel Delgado Gurriarán: lectura de poemas, xogos de palabras e murais.





E incluso bailamos ao son de dous instrumentos característicos do noso folklore. a gaita e a pandeireta.


Para seguir aprendendo sobre Florencia Delgado, visita estes sitios web:

Recursos dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega

As Letras de Florencio

Primavera das Letras

Seminario Galán