Antes de que remate o mes adicado aos libros ilustrados, os peques de primaria buliron á biblioteca a coller prestados algunhas novidades deste xénero. Aínda non viñeches? Agardámoste!
Blog da biblioteca do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
martes, 27 de febreiro de 2024
venres, 16 de febreiro de 2024
6º encontro do club de lectura
Hoxe tivo lugar un novo encontro do club de lectura do alumnado de 5º e 6º de primaria. Nesta ocasión, os pequenos lectores compartiron os seus pensamentos e opinións sobre os últimos capítulos de Segredos Soterrados, destacando as súas partes favoritas e debatendo sobre as personaxes e o impacto que tivo a lectura.Recolleron as ideas máis relevantes no seu diario do club de lectura.
martes, 6 de febreiro de 2024
Celebramos a Semana da Prensa
Con motivo da celebración da Semana da Prensa, o alumnado de 4 de primaria acudiu á biblioteca para interpretar esceas nun kiosko que tratan sobre o hábito e os beneficios de consultar a prensa.
5º encontro do club de lectura
Coa chegada do mes de febreiro, o alumnado de 5º y 6 de primaria celebrou unha nova reunión do seu club de lectura que, nesta ocasión, estivo centrada na procura, selección e posta en común de información sobre un elemento clave do libro que están a ler: "Segredos soterrados".
Despois de ler varios capítulos do libro, os alumnos investigaron un pouco acerca das
seguintes cuestións:
- Qué é o wolframio?
- Por que foi tan importante na ?
- Existían minas de wolframio en Galicia? Onde?
Para finalizar a reunión, recolleron os seus descubrimentos nos seus diarios do club de lectura.
luns, 5 de febreiro de 2024
Sesión de lectura conxunta
O alumnado de 1 ESO participou nunha sesión de lectura conxunta e análise e refexión de “O Bosque Pálido”, unha preciosa historia que, ademáis de deleitarnos, axúdanos a valorar a riqueza na diferencia.
venres, 2 de febreiro de 2024
Aprendemos sobre Galicia a través do xogo
O alumnado de 2 da ESO ven de participar nunha sesión lúdica na biblioteca para aprender sobre Galicia.
Unha forma lúdica de saber máis sobre a historia, xeografía, tradición e cultura galegas porque a #BibliotecaZorelle é moito máis ca un espazo con libros!