Amosando publicacións coa etiqueta Dia biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Dia biblioteca. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de outubro de 2025

venres, 24 de outubro de 2025

Día de la Biblioteca na ESO

 Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas, o alumnado de 3º da ESO participou nunha actividade especial de lectura e reflexión arredor do libro “Las niñas del espejo” de Alejandro López. 







Tamén contamos coa participación do alumnado da aula de educación especial do colexio, o que fixo desta unha actividade inclusiva, chea de aprendixaxe e convivencia.

Despois da lectura do libro, realizamos unha posta en común na que falamos sobre a autoestima e sobre a importancia de quererse a un mesmo para poder acadar a felicidade e o benestar persoal. Foi un momento moi enriquecedor no que o alumnado compartiu as súas opinións e experiencias de manera aberta e respectuosa. 

 

Día da Biblioteca en infantil

 Esta semana o alumnado de Educación Infantil celebrou o Día da Biblioteca dun xeito moi especial e cheo de maxia. 







Na biblio do cole tivemos unha sesión de contacontos de Samaín a cargo da profe Thais, que nos fixo viaxar por historias cheas de misterio, cabazas, risas e algunhas pequenas doses de medo.

Os nenos e nenas escoitaron con moita atención, participaron con entusiasmo e demostraron que os libros son portas abertas á imaxinación e á emoción

Foi unha xornada moi divertida, na que combinamos o amor pola lectura co espírito do Samaín, enchendo a nosa biblioteca de contos, fantasía e sorrisos.

Grazas, profe Thais, por esta tarde tan especial!

martes, 24 de outubro de 2023

Contacontos polo Día da Biblioteca

 Moitas grazas ao alumnado de 3º A pola sesión de contacontos que levaron a cabo para os peques de infantil con motivo do Día das Bibliotecas Escolares. Foi unha posta en escea moi divertida na que, disfrazados e facendo uso de peluches e títeres, contaron as historias A Biblioteca Nocturna  e Lazos de Flor de Minnie.

Velaquí varias imaxes:














O alumnado de 3º e 4º de primaria visita a biblioteca

 Hoxe, Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 3º e 4º de primaria tamén visitou a biblioteca para recordar os servizos que ofrece e escoller os libros para levar emprestados. Agardamos vervos a miúdo por aquí. Grazas pola visita!








luns, 23 de outubro de 2023

Visita guiada á biblioteca

 Agora que se achega o Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 5º e 6º de primaria fixo unha visita guiada á biblioteca da man da nosa coordinadora grazas á que pudieron repasar os servizos que esta ofrece, coñecer a súa mascota “Don Lector” e coller emprestado o libro que máis lle chamou a atención. 

Velaquí varias imaxes. Grazas, Chus!








luns, 24 de outubro de 2022

Vídeo con pautas para detectar información falsa

 Hoxe é o Día da Biblioteca e, para celebrar esta conmemoración, a alumnado de 4º de ESO-A, gravou un interesante vídeo na nosa biblioteca que explica os pasos a seguir para detectar noticias que son falsas. Agora máis que nunca estamos expostos a unha cantidade inxente de información mais saberías distinguir fontes fiables de fontes que propagan bulos? Sabes como seleccionar e compartir información de forma adecuada? Non deixes de ver este vídeo!