Amosando publicacións coa etiqueta clubs de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta clubs de lectura. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de abril de 2026

Duodécima reunión do club de lectura

 Nesta reunión analizamos o conflito principal da historia: a desaparición da mascota de Carmen e o intento de estafa. O alumnado reflexionou sobre como detectar situacións sospeitosas e a importancia de pedir axuda a persoas adultas. 



Traballouse o pensamento crítico a través da lectura. Unha sesión moi enriquecedora.

luns, 23 de marzo de 2026

Décimoprimeira reunión do club de lectura

 A sesión estivo dedicada á análise da protagonista, Carlota. O alumnado reflexionou sobre como é, como actúa e que cualidades ten para resolver problemas. 




Falamos da responsabilidade, da intelixencia e da empatía que a caracterizan. Tamén relacionaron estes valores coa súa vida diaria.

martes, 3 de marzo de 2026

Décima reunión do club de lectura

 Nesta reunión centrámonos no vocabulario do libro “Dona Problemas”. Os nenos e nenas buscaron palabras descoñecidas ou interesantes, deduciron o seu significado polo contexto e consultaron o dicionario cando foi preciso. 


Despois, elaboraron definicións propias e usaron esas palabras en frases que copiaron nos seus cadernos.

Un bo traballo para enriquecer o


mércores, 25 de febreiro de 2026

Novena reunión do club de lectura

 Durante esta sesión traballamos a comprensión lectora a partir do resumo dos primeiros capítulos do libro. O alumnado identificou personaxes, espazos e o problema principal, aprendendo a distinguir as ideas máis importantes. 

A actividade axudou a mellorar a expresión oral e escrita. Tamén compartiron os seus resumos co grupo e por último escribiron un anotaron as ideas principais no seus cadernos.

xoves, 5 de febreiro de 2026

Oitava reunión do club de lectura

 Nesta primeira reunión do club de lectura comezamos un novo libro: Dona Problemas. Rescatadora de mascotas, de O Hematocrítico, con ilustracións de Paco Roca. 


O alumnado observou a portada, coñeceu os personaxes principais e falou sobre o significado de resolver problemas.

Fixeron predicións sobre a historia e amosaronmoita curiosidade pola aventura que van ler. Foi unha sesión de motivación e achegamento á lectura.

mércores, 21 de xaneiro de 2026

Sexta reunión do club de lectura

  Na sexta reunión aventurámonos nas profundidades do mar e no mundo dos seres diminutos con A serea e Pulgarciña.

A serea ensínanos o valor do amor, o sacrificio e a liberdade, pois renuncia a todo por seguir o seu corazón, aínda que iso implique dor. Pola súa parte, Pulgarciña é un conto sobre a superación e a independencia, no que unha pequena nena aprende a escoitar a súa voz interior e a loitar polo seu destino.

Ambas historias teñen algo en común: mostran que a verdadeira forza está en ser fiel a un mesmo e en buscar o propio camiño. Durante a sesión falaremos dos soños, da identidade e do poder de decidir sobre a propia vida.

mércores, 17 de decembro de 2025

Quinta reunión do club de lectura

 Nesta quinta reunión mergullámonos nun conto profundamente humano: A pequena cerilleira.

A historia desta nena, soa e con frío, que atopa calor nos seus soños e lembranzas, fálanos da esperanza e da empatía. A través da súa tristura, aprendemos a mirar con ollos compasivos e a valorar as cousas sinxelas que nos fan felices.

Esta lectura invítanos a pensar nas desigualdades, na xenerosidade e na forza da imaxinación para manter viva a luz interior. Traballaremos sobre a pregunta: comopodemos facer que o mundo dos demais sexa un pouco máis cálido?

Será unha sesión para falar de sentimentos, solidariedade e tamén de agradecementopolas pequenas cousas da vida.

xoves, 11 de decembro de 2025

Cuarta reunión do club de lectura

 A cuarta reunión do Club de Lectura convídanos a escoitar a voz da beleza interior a través de O ruxiñolO parrulo feo.


No primeiro conto, descubrimos que non todo o que brilla é ouro: o canto verdadeirodo ruxiñol, sinxelo e cheo de sentimento, ten máis valor que calquera xoia. É unhametáfora preciosa sobre a autenticidade e a sinceridade.

En O parrulo feo, acompañamos a un pequeno que sofre o rexeitamento por ser diferente. Ao final, a súa transformación en cisne convértese nun símbolo de crecemento persoal, autoaceptación e respecto polos demais.

Falaremos sobre a autoestima, a beleza da diversidade e a importancia de coidar as palabras que empregamos cos outros. A lectura faranos pensar en como cada un pode descubrir a súa propia voz e sentirse parte do grupo.

xoves, 20 de novembro de 2025

Terceira reunión do club de lectura

 Na terceira reunión do noso Club de Lectura, achegámonos a dúas das historias máis coñecidas de Hans Christian Andersen: O soldadiño de chumbo e A princesa e o chícharo.


Ambos contos fálannos da sensibilidade e da autenticidade. O soldadiño, feito de chumbo e cunha soa perna, ensínanos que o valor non depende da forza física, senónda capacidade de amar e resistir. Pola súa parte, a princesa do chícharo recorda que a verdadeira nobreza está na delicadeza do corazón e na empatía.

Durante a sesión reflexionaremos sobre o que significa ser valente, sobre as diferenzas e sobre como cada un de nós é único e especial. A lectura converterase nunespello onde recoñecer sentimentos e aprender a poñer nome ás emocións.

mércores, 5 de novembro de 2025

Segunda reunión do club de lectura


Nesta nova sesión, as nosas lectoras e lectores seguiron gozando do marabilloso mundo dos contos de Hans Christian Andersen. Comezamos coñecendo un pouco máis sobre a vida e obra deste autor danés, creador de historias tan famosas como A sirenita, O patito feo ou O traxe novo do emperador. 



Precisamente, lemos e comentamos “O traxe novo do emperador”, un conto cheo de humor e intelixencia que nos convida a reflexionar sobre a honestidade, a vaidade e o valor de dicir a verdade.

Despois da lectura, traballamos diferentes aspectos:

💭 Comprendemos mellor os personaxes e as súas intencións,

🎭 Analizamos a mensaxe e a ensinanza do conto,

🖍️ E mesmo imaxinamos como sería un novo final… deixando voar a nosa creatividade!

Cada reunión convértese nun espazo para pensar, compartir e gozar lendo xuntos. ❤️Xa estamos a desexar que chegue a próxima!

venres, 24 de outubro de 2025

Arranca o club de lectura!

 Hoxe celebramos a primeira reunión do noso novo Club de Lectura, un espazo para gozar dos libros, compartir ideas e descubrir xuntos o pracer de ler.



Nesta primeira sesión, coñecemos en que consiste o club, eliximos entre todos o nome que nos representará (poner nome), fixado unhas normas básicas de convivencia e participación, e sobre todo pasámolo xenial! 

A nosa primeira lectura será “O reiseñor e outros contos” de Hans Christian Andersen, unharecompilación chea de maxia, sensibilidade e grandes valores.Moi pronto compartiremos as nosas impresións, reflexións e aventuras lectoras.

Espéranos unha viaxe marabillosa entre páxinas e imaxinación!

mércores, 21 de maio de 2025

XVII Xornada dos Clubs de Lectura

 Carmen García, coordinadora dos nosos clubs de lectura, está hoxe na XVII Xornada dos Clubs de Lectura no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

Grazas  #bibliotecasescolares por esta oportunidade!







martes, 20 de maio de 2025

Derradeiro encontro do club de lectura

 Chegamos ao final da nosa aventura literaria con "Ringo. Memorias dun coello fedello" de Pablo Nogueiras, e que mellor xeito de pechar este viaxe que rememorando todo o aprendido e compartido! 



Nesta derradeira sesión, o alumnado expresou as súas opinións sobre o libro, destacando o que máislles gustou:

• Os personaxes únicos do circo Fantabuloso: desde Ringo, o coello fedello, ata o cabalo Gonzalo, o rinoceronte bailarín Xenofonte ou o escornabois Lois. ¡Cada un ten a súa propia magia!

• As ilustracións, que dan vida a esta historia chea de cor e fantasía.

• A importancia do respecto aos animais, unha bonita mensaxe que percorre todo o relato.

Foi unha oportunidade para recordar os nosos momentos favoritos: as creacións dos marcapáxinas, as nosas discusións sobre os números do circo e, sobre todo, a ilusión de descubrir xuntos cada páxina.

Agora, con este libro no corazón, seguiremos a buscar novas historias que nos fagan soñar. 

Grazas, Ringo, por ensinarnos que incluso un pequeno coello pode ser o protagonista da súa propia aventura!

xoves, 8 de maio de 2025

Décimocuarto encontro do club de lectura

 Hoxe mergullámonos no marabilloso mundo do circo Fantabuloso para coñecer os seusmáis peculiares habitantes: os animais que fan deste libro (Ringo. Memorias dun coellofedello) unha historia chea de maxia e respecto pola natureza.


Descubrimos personaxes tan orixinais como:

• Gonzalo, o cabalo de madeira que fuxiu dunha noria e agora encesta balóns como ningún. 

• Xenofonte, o rinoceronte que baila ballet con gracia inesperada. 

• Lois, o escornabois, piloto que voa nun avión de papel. 

• Arturo, o canguro saltarín que necesita paracaídas para non escapar nas nubes. 

Unha das cousas que máis nos gustou é que no circo Fantabuloso os animais son tratados con cariño e respecto. Seguiremos a viaxe con Ringo e os seus amigos, porque cada páxinaé un novo descubrimento. 

luns, 28 de abril de 2025

Décimoterceiro encontro do club de lectura

 Os personaxes de Ringo. Memorias dun coello fedello cobran vida nos nosos marcapáginas!

 O alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso Club de Lectura puxo a voar a imaxinación para crear uns orixinais marcapáxinas inspirados nos personaxes do libro que estamos a ler: Ringo. Memorias dun coello fedello, do autor Pablo Nogueiras.

Desde o mago Leo ata Máxima Forzuda, pasando polo malabarista Lanzal Marcial, os personaxes do circo Fantabuloso cobran vida nos nosos marcapáxinas.

Unha forma creativa de celebrar a lectura!

mércores, 2 de abril de 2025

Duodécimo encontro do club de lectura

 Nesta sesión, o alumnado de 5º e 6º de primaria deu renda solta á súa creatividade inventando os seus propios personaxes para un novo Circo Fantabuloso.




Inspirados nos valores do libro Ringo. Memorias dun coello fedello (amizade, diversidade e empatía), os grupos inventaron personaxes únicos, imaxinaron os seus talentos especiais e reflexionaron sobre como cada un deles enriquece ao circo coa súa singularidade.

Unha actividade creativa e colaborativa que nos permitiu aprender e divertirnos mentres valoramos o que nos fai diferentes.

xoves, 20 de marzo de 2025

Undécimo encontro do club de lectura

 O alumnado de 5º e 6º de primaria continúa coa lectura de “Ringo. Memorias dun coellofedello”. Nesta sesión, o alumnado traballou nunha recompilación dos principais personaxesdo Circo Fantabuloso, un lugar único onde se respecta aos animais, non hai diferenzas entre homes e mulleres, e a diversidade é o valor principal.

Entre os personaxes preferidos dos nenos e nenas están:

Máxima Forzuda, capaz de levantar unha tonelada de filloas cunha soa man.

Leonidas Loureiro, o mago Leo, cuxa destreza supera calquera límite, mesmo sen unbrazo.

Marcial, o funambulista cun ollo de cristal, capaz de camiñar por encima dun delgado fío mentres le o xornal e pedalea nun monociclo.

Unha actividade que nos permitiu coñecer máis sobre este circo inclusivo e reflexionar sobre o valor da diversidade.

mércores, 12 de marzo de 2025

Décimo encontro do club de lectura

 Nesta sesión seguimos descubrindo as aventuras de Ringo, o protagonista de Ringo. Memorias dun coello fedello, e centrámonos nun dos seus trazos máis divertidos: o seu gusto polas rimas!


Primeiro, o alumnado buscou rimas que aparecen no libro, gozando do enxeño do autor. Logo, animáronse a crearr as súas propias rimas a través de dúas dinámicas : “Cadea de rimas” e Creación de mini poemas. Estas actividades puxeron a proba a súa creatividade e axilidade coas palabras. 

Foi unha experiencia chea de ritmo e aprendizaxe! Porque a lectura e a escritura tamén poden ser un xogo.

mércores, 19 de febreiro de 2025

Noveno encontro do club de lectura

 Nesta sesión continuamos coa lectura de Ringo. Memorias dun coello fedello, centrando o noso traballo nos dous primeiros capítulos: "Ringo" e "Bicicleta".

O alumnado ampliou o seu vocabulario explorando o significado de palabras como fedellobesbellobuligar e apouvigarenriquecendo a súa comprensión do texto e aprendendonovas expresións.




martes, 11 de febreiro de 2025

Oitavo encontro do club de lectura

 Nesta sesión comezamos un novo libro: Ringo. Memorias dun coello fedello, escrito por Pablo Nogueira e ilustrado por David Pintor.


Ringo é un coello que, tras un fallo nun truco de maxia, atópase perdido lonxe do Circo Fantabuloso. Na súa aventura para regresar, coñecerá a novos amigos e vivirá experiencias que destacan valores como a amizade, a diversidade e a empatía.

Nesta primeira reunión, achegámonos ao argumento, ás persona es e ao autor desta historia chea de imaxinación, enxeño e humor.