Amosando publicacións coa etiqueta comic. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comic. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de febreiro de 2026

Comiteca

 No marco do Mes do Cómic, o alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha actividade especial desenvolvida na biblioteca escolar, convertendo este espazo nun punto de encontro para a aprendizaxe creativa e compartida.




A proposta partiu da lectura e análise de obras significativas como Maus, Persépolis, Hierba e Pies descalzos. A través do traballo en grupo, o alumnado afondou na interpretación de viñetas, reflexionou sobre as emocións dos personaxes e estableceu conexións entre as historias narradas e diversos feitos históricos.

A actividade organizouse mediante unha dinámica de rotación polos distintos cómics, o que permitiu ao alumnado achegarse a cada obra desde múltiples perspectivas. Este enfoque favoreceu o intercambio de ideas e a posta en común de reflexións arredor do valor do cómic como ferramenta para comprender mellor a historia e a realidade social.

Esta experiencia puxo de manifesto o potencial do cómic como recurso educativo, ofrecendo unha maneira diferente e motivadora de aprender. Ao mesmo tempo, reforzou o papel da biblioteca escolar como un espazo vivo, dinámico e aberto ao pensamento crítico, á lectura e á colaboración.


domingo, 17 de marzo de 2024

17 de marzo: Día da banda deseñada

Desde o ano 2022, cada 17 de marzo celébrase o Día da Banda Deseñada para celebrar o día da primeira publicación da coñecida revista TBO, que deu nome ao popular tebeo. 


Con motivo desta celebración, queremos convidarvos á biblioteca para ver a nova sección de banda deseñada inaugurada hai unhas semanas.









Velaquí alghunhas recomendacións da coordinadora da nosa biblioteca e algunhas imaxes da Comiteca de 4 ESO.


Agardámosvos!

luns, 28 de marzo de 2022

Marzo: mes da banda deseñada

 O xénero artístico protagonista deste mes é a banda deseñada. Por este motivo, o alumnado da ESO ten acudido á biblioteca do cole para reflexionar sobre o formato deste medio de expresión: unha serie de debuxos acompañados de texto. que adoitan estar enmarcados en viñetas, e que lidos en secuencia compoñen un relato.

Partindo dos nosos comics favoritos, analizamos os elementos relacionados coa imaxe (viñeta, encadre, palnos, ángulos, liñas cinéticas) e co texto (cartela, bocadillo ou globo e o estlo) e por suposto gozamos de tempo de lectura e de debate.