venres, 21 de xuño de 2024

Felices vacacións!

 O ano escolar chega á súa fin e o equipo de biblioteca quere compartir unha mensaxe de agradecemento.

Este ano estivo cheo de aprendizaxes, aventuras literarias e momentos inesquecibles. 

Os libros pouco a pouco convertíronse en fieis compañeros de moitos do noso alumnado, que amosou semana a semana a súa pasión pola lectura.

Os clubes de lectura foron un éxito rotundo e as nosas actividades de dimamización enriquecéronnos enormemente. 

Queremos agradecer a todo o alumnado e o profesorado o seu entusiasmo e amor polos libros, ademáis da súa participación activa e o seu respeto por este espazo que nos motiva a seguir mellorando día a día. O próximo curso traerá novas sorpresas que seguro vos encantarán. 

Felices vacacions e felices lecturas!

xoves, 6 de xuño de 2024

Obradoiro sobre “A Orixe das Especies”

 O alumnado de 4 ESO académicas participou nun obradoiro sobre diversas teorías evolutivas no que leron fragmentos da tradución ao galego da célebre obra de Darwin “A Orixe das Especies”

Velaquí varias imaxes:










venres, 31 de maio de 2024

Plataforma de contido dixital ELBE. 2

 Como centro integrado no Programa de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia (PLAMBE), temos acceso á plataforma de contido dixital ELBE.2 para acceder ao préstamo de libros, audiolibros, filmes, prensa en formato dixital.



 Nas vindeiras semanas a coordinadora da biblioteca proporcionará as vosas credenciais para que poidades acceder. 

xoves, 30 de maio de 2024

Obradoiro de escritura creativa

 Logo de rematar a lectura do clásico Lazarillo de Tormes, o alumnado de 3° da ESO participou nun obradoiro no que redactaron capítulos alternativos. Logo dunha posta en común guiada de aspectos clave da obra, redactaron diálogos entre o Lazarillo e outras personaxes, que leron en voz alta para deleite de tod@s. 




Parabéns!

luns, 20 de maio de 2024

Mural e alfabeto en lingua de signos

 Xa podes consultar na o mural e o libro co alfabeto dactilolóxico que creou o alumnado de 1 da ESO con motivo do Festival do Libro.

Parabéns!







xoves, 16 de maio de 2024

Letras Galegas 2024

 Moitas grazas ao alumnado de 2 ESO por este cartaz sobre o legado de Luisa Villalta que xa podedes consultar na biblioteca: 








martes, 14 de maio de 2024

Duodécimo encontro do club de lectura

 Hoxe o Club de Lectura para alumnado de 5º e 6º de primaria adicou a súa reunión a mellorar o vocabulario. Cada estudante buscou no libro de lectura A rateira palabras descoñecidas para el para logo facer unha posta en común e descubrir os significados desas palabras.

Foi unha sesión práctica e proveitosa, onde todos puideron enriquecer as súas habilidades lingüísticas. Para rematar a reunión o alumnado copiou as definicións nos seus cadernos do Club de Lectura.