Cada 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca para recordar a destrución da Biblioteca de Saraxevo ese mesmo día do ano 1992, durante a Guerra dos Balcáns. Por este motivo, os máis peques do cole exploraron a biblioteca, descubriron que é un/ha bibliotecari@, e os pasos a seguir para coller un libro prestado.
Ademais, participaron nunha sesión de contacontos virtual "Árbores que dan vida", patrocinada por FEARMAGA, na que gozaron das aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco ao tempo que descubriron a importancia de coidar os nosos bosques.
Para saber máis, visita os blogs de aula:
Ningún comentario:
Publicar un comentario