venres, 18 de setembro de 2026

Os peques de 3 anos visitan a biblio

 Hoxe recibimos na biblioteca do colexio unha visita moi especial: os nenos e nenas de 3 anos achegáronse a coñecer este espazo cheo de libros, historias e aventuras.














A coordinadora da biblioteca explicoulles, dun xeito sinxelo e divertido, que é unha biblioteca, para que serve e todo o que podemos atopar nela. Pouco a pouco, os máis pequenos foron descubrindo que a biblioteca é un lugar para ler, aprender, imaxinar, compartir e gozar.

Despois da explicación, tiveron tempo para explorar libremente o espazo. Puideron coller libros, descubrir contos, observar ilustracións e divertirse tamén cos xogos da biblioteca. 

Foi unha mañá chea de curiosidade, ilusión e diversión. Pasárono xenial e demostraron moitas ganas de seguir descubrindo novos libros e historias. 

Agardamos que esta sexa a primeira de moitas visitas e que, pouco a pouco, a biblioteca se converta para eles nun lugar familiar, acolledor e cheo de posibilidades.

Oxalá medren rodeados de libros, contos, personaxes e aventuras que alimenten a súa imaxinación e o seu gusto pola lectura. 


luns, 14 de setembro de 2026

Benvidos/as ao novo curso

 Comezamos un novo curso poñendo en marcha o servizo de préstamo da nosa biblioteca escolar, unha iniciativa coa que queremos achegar os libros ao alumnado e seguir fomentando o gusto pola lectura en todas as etapas educativas.



Desde Primaria ata Secundaria, o alumnado poderá escoller entre os fondos dispoñibles na biblioteca aqueles títulos que máis se adapten aos seus gustos e intereses. Así, cada alumno e alumna poderá levar os libros en préstamo e continuar a súa lectura tanto dentro como fóra do centro.




Esta iniciativa está directamente relacionada co PLEA (Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información) e, de maneira especial, coa Hora de Ler, un tempo diario pensado para favorecer o hábito lector. Grazas ao servizo de préstamo, cada estudante poderá escoller a súa propia lectura, dispoñer dun exemplar e aproveitar ese momento de forma autónoma e persoal.


Queremos que a biblioteca sexa un espazo vivo, accesible e próximo, no que cada lector e lectora poida descubrir novas historias, ampliar os seus intereses e atopar libros cos que desfrutar da lectura.


Ao longo do curso seguiremos ampliando e diversificando os fondos da biblioteca e propoñendo diferentes actividades para achegar os libros ao alumnado e facer da lectura unha experiencia habitual, enriquecedora e agradable.


A biblioteca abre as súas portas a un novo curso cheo de historias por descubrir. Escolle un libro, lévao contigo e déixate levar pola lectura.

domingo, 7 de xuño de 2026

Día Mundial do Medio Ambiente

 Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o alumnado de 4.º da ESO participou nunha actividade de reflexión e traballo cooperativo na biblioteca!












Estuvo centrada na importancia da
acción climática e na necesidade de actuar fronte ao cambio climático. 
Durante a sesión, o alumnado traballou sobre os catro obxectivos estratéxicos relacionados con este lema, analizando cada un deles, debatendo en grupo e compartindo as súas ideas nunha posta en común. A partir deste traballo, propuxeron diferentes medidas que poderían contribuír a poñer en marcha estes obxectivos e avanzar cara a un futuro máis sostible.

Como resultado da actividade, realizaron diversos traballos que reflicten o seu compromiso, creatividade e conciencia ambiental, e que poden verse nas imaxes que acompañan esta publicación.

Desde o centro, felicitamos o alumnado pola súa implicación e pola súa contribución á construción dunha sociedade máis responsable co coidado do planeta.


luns, 1 de xuño de 2026

Storytelling session” Go away, Green Monster!”

 Esta semana, os nenos e nenas de 3 anos gozaron dunha sesión moi especial na biblioteca. A través do conto Go Away, Big Green Monster!, mergulláronse nunha historia divertida e chea de sorpresas que lles permitiu aprender e repasar as partes da cara en inglés.







Durante a lectura, foron descubrindo pouco a pouco os eyes (ollos), ears (orellas), nose (nariz) e mouth (boca) do gran monstro verde. Os pequenos seguiron a historia con moita atención, participando activamente e repetindo o vocabulario traballado.

Despois do conto, convertéronse en auténticos artistas e construíron o seu propio Big Green Monster, colocando cada unha das partes da súa cara. Foi unha actividade manipulativa e creativa que lles axudou a afianzar o vocabulario dun xeito moi divertido.

Para rematar, realizaron diferentes xogos para identificar as partes da cara. Coa axuda duns coloridos matamoscas, tiveron que localizar rapidamente os eyes, ears, nose e mouth, demostrando todo o que aprenderan mentres se divertían xogando cos seus compañeiros e compañeiras.

Unha mañá chea de contos, aprendizaxe, creatividade e diversión na que seguimos descubrindo que aprender inglés pode ser toda unha aventura.


luns, 25 de maio de 2026

Día Mundial da Diversidade Cultural

 O alumnado de 2º da ESO traballou coa súa teacher María Gil o libro bilingüe Diversity to Me, traído pola teacher Eva Pousa da súa mobilidade Erasmus a Portugal. A través desta lectura, os rapaces e rapazas puideron reflexionar sobre o significado da diversidade cultural, como a perciben no seu día a día e de que maneira nos enriquece como sociedade.








Ademais, na sesión de Música co profe Rafa Durán, afondaron nesta temática a través da canción Unity de Alan Walker. Completando os ocos da letra en inglés e traducindo o seu significado, o alumnado debateu sobre a importancia da unión social, o respecto ás diferenzas e os beneficios de convivir nunha sociedade diversa.

Unha experiencia enriquecedora que uniu literatura, linguas e música para seguir construíndo unha escola máis aberta, inclusiva e respectuosa coa diversidade cultural.

mércores, 20 de maio de 2026

Día Internacional dos Museos

 Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou nunha interesante actividade nabiblioteca do colexio, converténdose por un día en auténticos exploradores da  arte e da fotografía.






Durante a sesión, os nenos e nenas aprenderon primeiro que é un museo e cal éa súa función na conservación e difusión do patrimonio cultural. Coñecerontamén quen son as persoas que traballan nestes espazos, como conservadores, restauradores, guías ou comisarios, e descubriron algunhas das técnicas que se empregan para coidar e protexer as obras e obxectos antigos para que poidanchegar en bo estado ás futuras xeracións.

Despois desta explicación, a biblioteca transformouse nun pequeno museo escolar. Organizamos unha exposición con diversas pinturas e unha interesante colección de máquinas de fotografía antigas, que espertaron unha enorme curiosidade entre o alumnado. Os rapaces e rapazas observaron con moitaatención cada peza, fixándose nos detalles e descubrindo como funcionaban estas cámaras noutra época, cando facer unha fotografía requiría máis tempo, paciencia e técnica que na actualidade.

A actividade resultou moi enriquecedora e permitiu que os alumnos e alumnas aprendesen dunha maneira práctica e participativa, achegándose ao mundo dos museos con entusiasmo, respecto e moito interese