Amosando publicacións coa etiqueta benvida. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta benvida. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de setembro de 2023

Benvid@s ao curso 2023-24

 Comezamos a actividade lectiva con moitas novidades, tanto de fondos como de espazos. Agardamos que neste novo curso a biblioteca do colexio siga a ser para tod@s "moito máis que un espazo con libros".




 Achégate e non esquezas de ler as normas de funcionamento da nosa biblioteca ou de facer as túas recomendacións enchendo o formulario que atoparás á dereita.

Grazas de antemán!

luns, 13 de setembro de 2021

Benvida

 Benvid@s ao blog da biblioteca do colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle!

Neste blog atoparás información sobre os fondos e as actividades que fan da nosa biblioteca un espazo de fomento da lectura e da escritura creativa así como un centro de recursos de información e aprendizaxe.

No curso 2023/24, o noso centro foi seleccionado para incorporarse no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares-Concertados de Galicia, logo da solicitude feita ao abeiro da Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24.









Lembra que ademáis da biblioteca, cada aula de infantil e primaria conta súa biblioteca de aula, un recuncho no que compartir recursos e ideas para aprender lendo.

Estade atent@s!