Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o alumnado de 4.º da ESO participou nunha actividade de reflexión e traballo cooperativo na biblioteca!
Estuvo centrada na importancia da acción climática e na necesidade de actuar fronte ao cambio climático. Durante a sesión, o alumnado traballou sobre os catro obxectivos estratéxicos relacionados con este lema, analizando cada un deles, debatendo en grupo e compartindo as súas ideas nunha posta en común. A partir deste traballo, propuxeron diferentes medidas que poderían contribuír a poñer en marcha estes obxectivos e avanzar cara a un futuro máis sostible.
Como resultado da actividade, realizaron diversos traballos que reflicten o seu compromiso, creatividade e conciencia ambiental, e que poden verse nas imaxes que acompañan esta publicación.
Desde o centro, felicitamos o alumnado pola súa implicación e pola súa contribución á construción dunha sociedade máis responsable co coidado do planeta.











Ningún comentario:
Publicar un comentario