martes, 27 de febreiro de 2024

Collemos prestados libros ilustrados

 Antes de que remate o mes adicado aos libros ilustrados, os peques de primaria buliron á biblioteca a coller prestados algunhas novidades deste xénero. Aínda non viñeches? Agardámoste! 










venres, 16 de febreiro de 2024

6º encontro do club de lectura

 Hoxe tivo lugar un novo encontro do club de lectura do alumnado de 5º e 6º de primaria. Nesta ocasión, os pequenos lectores compartiron os seus pensamentos e opinións sobre os últimos capítulos de Segredos Soterrados, destacando as súas partes favoritas e debatendo sobre as personaxes e o impacto que tivo a lectura.Recolleron as ideas máis relevantes no seu diario do club de lectura.





martes, 6 de febreiro de 2024

Celebramos a Semana da Prensa

 Con motivo da celebración da Semana da Prensa, o alumnado de 4 de primaria acudiu á biblioteca para interpretar esceas nun kiosko que tratan sobre o hábito e os beneficios de consultar a prensa.





5º encontro do club de lectura

 Coa chegada do mes de febreiro, o alumnado de 5º y 6 de primaria celebrou unha nova reunión do seu club de lectura que, nesta ocasión, estivo centrada na procura, selección e posta en común de información sobre un elemento clave do libro que están a ler: "Segredos soterrados".





Despois de ler varios capítulos do libro, os alumnos investigaron un pouco acerca das

seguintes cuestións:

  • Qué é o wolframio?
  • Por que foi tan importante na ?
  • Existían minas de wolframio en Galicia? Onde?

Para finalizar a reunión, recolleron os seus descubrimentos nos seus diarios do club de lectura.


luns, 5 de febreiro de 2024

Sesión de lectura conxunta

 O alumnado de 1 ESO participou nunha sesión de lectura conxunta e análise e refexión de “O Bosque Pálido”, unha preciosa historia que, ademáis de deleitarnos, axúdanos a valorar a riqueza na diferencia. 






venres, 2 de febreiro de 2024

Aprendemos sobre Galicia a través do xogo

 O alumnado de 2 da ESO ven de participar nunha sesión lúdica na biblioteca para aprender sobre Galicia. 






A través do xogo didáctico Arcano, percorreron as catro provincias antes de chegar a Santiago de Compostela para completar o xogo.

Unha forma lúdica de saber máis  sobre a historia, xeografía, tradición e cultura galegas porque a #BibliotecaZorelle é moito máis ca un espazo con libros!