O alumnado de 2º da ESO traballou coa súa teacher María Gil o libro bilingüe Diversity to Me, traído pola teacher Eva Pousa da súa mobilidade Erasmus a Portugal. A través desta lectura, os rapaces e rapazas puideron reflexionar sobre o significado da diversidade cultural, como a perciben no seu día a día e de que maneira nos enriquece como sociedade.
Ademais, na sesión de Música co profe Rafa Durán, afondaron nesta temática a través da canción Unity de Alan Walker. Completando os ocos da letra en inglés e traducindo o seu significado, o alumnado debateu sobre a importancia da unión social, o respecto ás diferenzas e os beneficios de convivir nunha sociedade diversa.
Unha experiencia enriquecedora que uniu literatura, linguas e música para seguir construíndo unha escola máis aberta, inclusiva e respectuosa coa diversidade cultural.








Ningún comentario:
Publicar un comentario