martes, 17 de maio de 2022

Feliz Día das Letras Galegas

 Celebramos o día das nosas letras con moitas actividades que axudaron a coñecer a valorar o legado de Florencio Manuel Delgado Gurriarán: lectura de poemas, xogos de palabras e murais.





E incluso bailamos ao son de dous instrumentos característicos do noso folklore. a gaita e a pandeireta.


Para seguir aprendendo sobre Florencia Delgado, visita estes sitios web:

Recursos dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega

As Letras de Florencio

Primavera das Letras

Seminario Galán

 

venres, 6 de maio de 2022

Adaptación de "El indulto" de Emilia Pardo Bazán

 Logo de ler "El Indulto", un dos relatos máis coñecidos de Emilia Pardo Bazán, a clase de 1º de ESO-A púxose mans á obra para adaptar a historia ao cinema. Coordinados polo seu profesor de lingua castelá, Carlos Madarnás, escribiron un relato, grabaron as esceas e están a piques de compartir a súa interpretación da obra en forma de película. Velaquí un vídeo promocional:

Estamos desexando vela!

mércores, 4 de maio de 2022

Lectura compartida de Robinson Crusoe

 A clase de 2º de ESO-A acudíu a biblioteca para compartir as súas impresións dunha da súas novelas favoritas, Robinson Crusoe, de Daniel Defoe. 


Empregaron cores e códigos para destacar os aspectos positivos e aqueles que lles dificultaron a lectura aínda que a valoración global é que este é un clásico de lectura obrigada.

Grazas pola recomendación!