venres, 18 de setembro de 2026

Os peques de 3 años visitan a biblio

 Hoxe recibimos na biblioteca do colexio unha visita moi especial: os nenos e nenas de 3 anos achegáronse a coñecer este espazo cheo de libros, historias e aventuras.


A coordinadora da biblioteca explicoulles, dun xeito sinxelo e divertido, que é unha biblioteca, para que serve e todo o que podemos atopar nela. Pouco a pouco, os máis pequenos foron descubrindo que a biblioteca é un lugar para ler, aprender, imaxinar, compartir e gozar.

Despois da explicación, tiveron tempo para explorar libremente o espazo. Puideron coller libros, descubrir contos, observar ilustracións e divertirse tamén cos xogos da biblioteca. 📖🎲

Foi unha mañá chea de curiosidade, ilusión e diversión. Pasárono xenial e demostraron moitas ganas de seguir descubrindo novos libros e historias. 😊

Agardamos que esta sexa a primeira de moitas visitas e que, pouco a pouco, a biblioteca se converta para eles nun lugar familiar, acolledor e cheo de posibilidades.

Oxalá medren rodeados de libros, contos, personaxes e aventuras que alimenten a súa imaxinación e o seu gusto pola lectura. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario