xoves, 27 de outubro de 2022

Lectura compartida e análise de "La Momie du Louvre"

O alumnado de 3º da ESO aproveitou que se achega o Samaín, tamén coñecido como Halloween, para celebrar o Día da Biblioteca coa lectura compartida e o debate dunha historia de terror en francés, “La Momie du Louvre”. Velaquí varias imaxes da sesión:











luns, 24 de outubro de 2022

Espectáculo xograresco fusionado con estilo musical actual

 A clase de 3º ESO-A celebrou o Dia da Biblioteca dunha maneira moi orixinal! Fixo unha recreación dun espectáculo xograresco medieval a ritmo de estilos musicais actuais. Podédela ver neste video. Parabéns por tan interesante fusión!

Our favourite writers in English

 O alumnado de 3º da ESO comparte este vídeo sobre "Our Favourite Writers in English", unha actividade enmarcada no proxecto Erasmus cuxa finalidade é desenvolver competencias transversais a través do uso das novas tecnoloxías.

Ao longo desta actividade foron quen de buscar, crear e compartir información sobre autores de ficción en inglés, desde clásicos como William Shakespeare, Jane Austen ou Charles Dickens ata escritores/as contemporáneos como J.K Rowling, Stephanie Meyer ou Lenore Kandel.

Podes saber máis na súa páxina en Instagram. Grazas e parabéns!

Booktrailers polo Día da Biblioteca

 Que mellor maneira de celebrar hoxe o Día da Biblioteca que facendo recomendacións de lectura? Isto é o que fixeron na clase de 1º da ESO: intercambiar títulos de libros que deixaron unha pegada no alumnado. Algúns incluso gravaron as súas recomendacións en vídeo logo de familiarizarse con aplicacións de edición de vídeo e as proxectaron na aula.

Compartimos convosco os booktrailers de César e Derek, que recomendan a lectura do célebre relato dos Irmáns Grimm "Hansel e Gretel" e da máis recente serie de libros xuvenís, Ninja Kid, respectivamente.


Grazas, rapaces e parabéns!

Lectura dramatizada de "Cuatro corazones con freno y marcha atrás"

 Con motivo do Día da Biblioteca, o alumnado de 3º ESO-B levou a cabo unha divertida actividade que lles permitíu activar as súas destrezas de expresión oral: a lectura dramatizada do 1º acto dunha obra incluída no Plan Lector: "Cuatro corazones con freno y marcha atrás".

Logo de familiarizarse con técnicas de acento,  ritmo e entoación, puxeron en práctica o aprendido para interpretar o texto dramático. Velaquí varias imaxes da lectura:

Grazas por compartir!






Entrega do premio do Concurso “E Ti Que Contas?” de FEARMAGA en infantil

 Coincindo co Día da Biblioteca tivo lugar na clase de 5 anos a entrega do premio do concurso "E ti que contas?" organizado pola Federación Empresarial de Madeiras de Galicia.

Alexandra, alumna de primaria, exerceu de magnífica contacontos para presentarnos "Maruxa, Xaquín e Fuco fabrican material escolar", unha preciosa historia na que os protagonistas do célebre conto "Os Tres Porquiños" elaboran un andel en madeira para regalarllo ao colexio da súa vila. Moitas grazas, Alexandra!


Grazas tamén ao director xeral do Medio Rural, ao presidente de FEARMAGA e a todas as persoas que nos acompañaron e que fixeron desta conmemoración un dia moi especial! 







Para saber máis, visita o blog de 5 anos.

Unusual retellings of fairy tales

 O alumnado de 4º da ESO celebrou o Día da Biblioteca cunha actividade interlingüística de escritura creativa. Logo facer unha choiva de ideas sobre contos de fadas tradicionais, decidiron recontalos mesturando elementos de cada unha das historias como personaxes, xiros, espazos e finais, e traduciron as historias resultantes ao inglés. 

Velaquí varias imaxes do proceso. Congrats on such an original activity!







Vídeo con pautas para detectar información falsa

 Hoxe é o Día da Biblioteca e, para celebrar esta conmemoración, a alumnado de 4º de ESO-A, gravou un interesante vídeo na nosa biblioteca que explica os pasos a seguir para detectar noticias que son falsas. Agora máis que nunca estamos expostos a unha cantidade inxente de información mais saberías distinguir fontes fiables de fontes que propagan bulos? Sabes como seleccionar e compartir información de forma adecuada? Non deixes de ver este vídeo!

O Día da Biblioteca en primaria

 As clases de primaria celebran o Día da Biblioteca explorando os seus fondos e compartindo impresións sobre os seus hábitos de lectura, preferencias e algún que outro libro que non foron capaces de ler. Grazas por compartir as imaxes. Feliz día a tod@s!






xoves, 20 de outubro de 2022

Concurso: "Unha mascota para a nosa biblioteca"

Andamos á procura dunha mascota que represente a nosa biblioteca, por eso o equipo de dinamización da lectura convoca o concurso "Unha mascota para a biblioteca".

Anímate a participar antes do 16 de decembro! Velaquí as bases do concurso:

  • Pode participar todo o alumnado de primaria ou de ESO.
  • É preciso crear unha ilustración inédita nun soporte tamaño A4 que represente a mascota da nosa biblioteca. A técnica é libre.
  • As ilustracións entregaranse ao titor/a de grupo-clase debidamente identificadas (nome e apelidos, nivel e grupo).
  • Data límite de entrega: 16 de decembro de 2022
  • As ilustracións poderán ser publicadas no blog da biblioteca, sitio web do colexio ou sitios web vinculados cao mesmo.
  • A ilustración gañadora será a mascota da biblioteca e o colexio terá os dereitos de reprodución e uso con fins educativos.
  • A participación no concurso implica a aceptación destas bases.