luns, 25 de maio de 2026

Día Mundial da Diversidade Cultural

 O alumnado de 2º da ESO traballou coa súa teacher María Gil o libro bilingüe Diversity to Me, traído pola teacher Eva Pousa da súa mobilidade Erasmus a Portugal. A través desta lectura, os rapaces e rapazas puideron reflexionar sobre o significado da diversidade cultural, como a perciben no seu día a día e de que maneira nos enriquece como sociedade.








Ademais, na sesión de Música co profe Rafa Durán, afondaron nesta temática a través da canción Unity de Alan Walker. Completando os ocos da letra en inglés e traducindo o seu significado, o alumnado debateu sobre a importancia da unión social, o respecto ás diferenzas e os beneficios de convivir nunha sociedade diversa.

Unha experiencia enriquecedora que uniu literatura, linguas e música para seguir construíndo unha escola máis aberta, inclusiva e respectuosa coa diversidade cultural.

mércores, 20 de maio de 2026

Día Internacional dos Museos

 Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou nunha interesante actividade nabiblioteca do colexioconverténdose por un día en auténticos exploradores da  arte e da fotografía.






Durante a sesión, os nenos e nenas aprenderon primeiro que é un museo e cal ésúa función na conservación e difusión do patrimonio culturalCoñecerontamén quen son as persoas que traballan nestes espazos, como conservadores, restauradores, guías ou comisarios, e descubriron algunhas das técnicas que se empregan para coidar e protexer as obras e obxectos antigos para que poidanchegar en bo estado ás futuras xeracións.

Despois desta explicación, a biblioteca transformouse nun pequeno museo escolar. Organizamos unha exposición con diversas pinturas e unha interesante colección de máquinas de fotografía antigas, que espertaron unha enorme curiosidade entre o alumnado. Os rapaces e rapazas observaron con moitaatención cada pezafixándose nos detalles e descubrindo como funcionaban estas cámaras noutra época, cando facer unha fotografía requiría máis tempo, paciencia e técnica que na actualidade.

actividade resultou moi enriquecedora e permitiu que os alumnos e alumnas aprendesen dunha maneira práctica e participativa, achegándose ao mundo dos museos con entusiasmo, respecto e moito interese

luns, 18 de maio de 2026

Letras Galegas 2026 na ESO

 Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado da ESO participou nunha actividade especial na biblioteca do colexio dedicada á escritora e xornalista galega Begoña Caamaño. Esta proposta permitiulles achegarse á súa figura e á súa obra, descubrindo a importancia da súa contribución á literatura e á cultura galega.








A actividade comezou cun pequeno traballo de investigación no que os estudantes consultaron diferentes recursos bibliográficos e dixitais da biblioteca para coñecer mellor a biografía da autora. A través desta procura, puideron descubrir aspectos da súa traxectoria persoal e profesional, así como o seu compromiso coa lingua galega e o seu destacado papel no ámbito literario e xornalístico.


Posteriormente, o alumnado realizou a lectura e comentario dalgúns fragmentos das súas obras máis representativas. Esta lectura compartida serviulles para reflexionar sobre cuestións moi presentes nos textos de Begoña Caamaño, como a identidade, a igualdade ou a reinterpretación de figuras femininas da tradición literaria.


A actividade desenvolveuse nun ambiente participativo e enriquecedor, favorecendo o intercambio de opinións, a reflexión colectiva e o gusto pola lectura. Ademais de conmemorar o Día das Letras Galegas, esta experiencia contribuíu a seguir fomentando o interese pola literatura galega entre o alumnado e a valorar a importancia da nosa lingua e cultura.

domingo, 17 de maio de 2026

Letras Galegas 2016

Con motivo da celebración das Letras Galegas 2026, o alumnado do noso centro participou en diferentes actividades organizadas arredor da lingua, a cultura e as tradicións de Galicia, promovendo o coñecemento e o orgullo polas nosas raíces.

Por unha banda, o alumnado de 1º da ESO desenvolveu o proxecto “Falsos Amigos”, unha investigación centrada nos curiosos falsos amigos entre o galego e o castelán. A través deste traballo, os rapaces e rapazas descubriron palabras que presentan unha gran semellanza entre ambas linguas pero que teñen significados diferentes, ampliando así o seu vocabulario e reflexionando sobre a riqueza e singularidade da lingua galega.





Os exemplares elaborados foron entregados á profe Chus, responsable da biblioteca do centro, co obxectivo de compartilos con toda a comunidade educativa e seguir promovendo o uso e coñecemento do galego.

Por outra banda, o alumnado do primeiro ciclo de Primaria participou nunha actividade na biblioteca arredor do libro “O gran libro das nosas cousas”. A través da lectura e do traballo co vocabulario relacionado coa cultura e as tradicións galegas, os nenos e nenas achegáronse a diferentes elementos representativos da nosa terra.


venres, 15 de maio de 2026

Smiles, stories and English fun

O alumnado de 5 anos gozou dunha divertida sesión de inglés na biblioteca, un espazo máxico para aprender, imaxinar e descubrir novas historias 📚✨

Durante a actividade coñecemos a Froggy, unha ra moi simpática… e tamén un pouco despistada! 🐸❄️ No conto, Froggy quería saír xogar a pesar do frío, pero tiña que lembrar toda a roupa que necesitaba poñer antes de saír da casa.











A partir da historia traballamos vocabulario relacionado coas prendas de vestir e o inverno dunha maneira dinámica e manipulativa. Os nenos e nenas participaron con moitísima ilusión en diferentes xogos e actividades:
🧩 realizaron puzles relacionados co conto
🎲 xogaron ao bingo e ao memory en inglés
👕 tenderon roupa nun pequeno tendal
🃏 buscaron e emparellaron cartas iguais
🧣 axudaron a vestir a Froggy para que non pasase frío
A través do xogo, da escoita e da participación activa, seguimos achegando o inglés ao alumnado dunha maneira natural, divertida e significativa 💚
Unha mañá chea de contos, risas e moita aprendizaxe!