Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria participou nunha interesante actividade nabiblioteca do colexio, converténdose por un día en auténticos exploradores da arte e da fotografía.
Durante a sesión, os nenos e nenas aprenderon primeiro que é un museo e cal éa súa función na conservación e difusión do patrimonio cultural. Coñecerontamén quen son as persoas que traballan nestes espazos, como conservadores, restauradores, guías ou comisarios, e descubriron algunhas das técnicas que se empregan para coidar e protexer as obras e obxectos antigos para que poidanchegar en bo estado ás futuras xeracións.
Despois desta explicación, a biblioteca transformouse nun pequeno museo escolar. Organizamos unha exposición con diversas pinturas e unha interesante colección de máquinas de fotografía antigas, que espertaron unha enorme curiosidade entre o alumnado. Os rapaces e rapazas observaron con moitaatención cada peza, fixándose nos detalles e descubrindo como funcionaban estas cámaras noutra época, cando facer unha fotografía requiría máis tempo, paciencia e técnica que na actualidade.
A actividade resultou moi enriquecedora e permitiu que os alumnos e alumnas aprendesen dunha maneira práctica e participativa, achegándose ao mundo dos museos con entusiasmo, respecto e moito interese






Ningún comentario:
Publicar un comentario