xoves, 28 de outubro de 2021

O Día da Biblioteca na prensa

 O Xornal Escolar de La Región faise eco da celebración do Día da Biblioteca no cole. Grazas pola difusión!



martes, 26 de outubro de 2021

O Día da Biblioteca en primaria

 Os alumnos de primaria tamén celebraron o Día da Biblioteca con moitas actividades que lles axudaron a entender que a biblioteca é moito máis cun espazo con libros. Participaron en 2 sesións de contacontos: “La extraña visita”, unha historia terroríficamente divertida e “Aventuras do bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco”, unha sesión virtual sobre a importancia de coidar os nosos bosques.






Tamén aproveitaron para aprender como facerse membro da biblioteca, que material poden consultar e que actividades de fomento da lectura adoitan ser organizadas.

Por último, escolleron os seus libros favoritos, aquí tedes varios exemplos:






 

Adentrándose en el Modernismo en literatura

 Para iniciar a explorar y leer obras literarias modernistas, varios alumnos de 4º de ESO han acudido a la biblioteca para buscar información sobre el contexto histórico de esta tendencia literaria así como de sus grandes representantes. Y qué mejor fuente que la Historia de la Literatura Universal de Riquer y Valverde, una joya de la historia de la literatura. 






¡Gracias por compartir, chic@s!

domingo, 24 de outubro de 2021

O Día da Biblioteca en infantil

 Cada 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca para recordar a destrución da Biblioteca de Saraxevo ese mesmo día do ano 1992, durante a Guerra dos Balcáns. Por este motivo, os máis peques do cole exploraron a biblioteca, descubriron que é un/ha bibliotecari@, e os pasos a seguir para coller un libro prestado. 



Ademais, participaron nunha sesión de contacontos virtual "Árbores que dan vida", patrocinada por FEARMAGA, na que gozaron das aventuras no bosque de Maruxa, Xaquín e Fuco ao tempo que descubriron a importancia de coidar os nosos bosques.




Para saber máis, visita os blogs de aula:

5 anos

4 anos

3 anos

venres, 1 de outubro de 2021

El sí de las niñas

Os alumnos de 4º de ESO comparten este vídeo no que fan unha lectura dramatizada de "El sí de las niñas", a célebre comedia de Leandro Fernández de Moratín, seguida dun interesante coloquio.

¡Grazas, chic@s!