luns, 27 de setembro de 2021

Os peques de 3 anos descubren a biblioteca

 Os máis pequenos do cole descubriron a súa biblioteca, un recuncho repleto de libros ilustrados cos que poden gozar de preciosas historias ao tempo que aprenden valores. Cada un escolleu un libro, un primeiro paso para adquirir o hábito lector! Velaquí varias imaxes do momento:







luns, 20 de setembro de 2021

O Festival do Libro

O Festival do Libro é un evento interdisciplinar e plurilingüe no que, desde infantil a bacharelato, os alumnos descubren e celebran o pracer da lectura.

Para ver cada edición, pincha nas imaxes a continuación e descubre "A Maxia de Ler", por que "Un libro" é "Unha Viaxe" ou "Cada lectura, unha aventura", o marabilloso de "Soñar lendo", por que en cada libro encontramos "un amigo" e “un recordó” ou por qué "Ler é crecer" y también "dá poder".










venres, 17 de setembro de 2021

As nosas lembranzas de lectura

Non deixedes de ver este vídeo no que alumn@s de 5º e 6º de primaria comparten as súas lembranzas de lectura! ¡Grazas, chic@s!

xoves, 16 de setembro de 2021

The Benefits of Reading

 Estreamos a sección da ESO e bacharelato no blog da biblioteca con este vídeo en inglés elaborado por alumnos da ESO para o I Festival do Libro, que nos recorda os beneficios da lectura.

Non deixeles de velo!!

martes, 14 de setembro de 2021

Os Booktubers de 5 anos

Por quinto ano consecutivo, a clase de 5 anos está levando a cabo un proxecto moi inspirador; os peques e as súas familias son Booktubers, lectores e youtubers que nos recomendan os seus libros favoritos nestes vídeos.


"Los Booktubers de 5 años" é unha iniciativa de María José Novo para fomentar a lectura e poner en práctica a expresión oral, moitas grazas familias por compartir con nós o gusto pola lectura.

Podedes seguilos nesta canle en Youtube o no blog de 5 anos.

luns, 13 de setembro de 2021

Benvida

 Benvid@s ao blog da biblioteca do colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle!

Neste blog atoparás información sobre os fondos e as actividades que fan da nosa biblioteca un espazo de fomento da lectura e da escritura creativa así como un centro de recursos de información e aprendizaxe.

No curso 2023/24, o noso centro foi seleccionado para incorporarse no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares-Concertados de Galicia, logo da solicitude feita ao abeiro da Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24.





Lembra que ademáis da biblioteca, cada aula de infantil e primaria conta súa biblioteca de aula, un recuncho no que compartir recursos e ideas para aprender lendo.

Estade atent@s!