xoves, 16 de maio de 2024

Letras Galegas 2024

 Moitas grazas ao alumnado de 2 ESO por este cartaz sobre o legado de Luisa Villalta que xa podedes consultar na biblioteca: 








martes, 14 de maio de 2024

Duodécimo encontro do club de lectura

 Hoxe o Club de Lectura para alumnado de 5º e 6º de primaria adicou a súa reunión a mellorar o vocabulario. Cada estudante buscou no libro de lectura A rateira palabras descoñecidas para el para logo facer unha posta en común e descubrir os significados desas palabras.

Foi unha sesión práctica e proveitosa, onde todos puideron enriquecer as súas habilidades lingüísticas. Para rematar a reunión o alumnado copiou as definicións nos seus cadernos do Club de Lectura.







luns, 13 de maio de 2024

Recomendacións de lectura

 Achégase o día das nosas letras! Por iso a coordinación da biblioteca ven de facer unha selección de lecturas en galego. Achégate e anímate a coller emprestado algún exemplar!







xoves, 9 de maio de 2024

Día de Europa

 O alumnado de 3º ESO acudíu á biblioteca para conmemorar o Día de Europa mediante unha actividade dixital e colaborativa. Divertíronse resolvendo un Quiz creado pola profesora de inglés María José Gil con diversas preguntas para coñecer mellor a Unión Europea ao tempo que activaron as súa competencia plurilingüe.










luns, 6 de maio de 2024

Undécimo encontro do club de lectura

 Hoxe reunímonos na undécima sesión do club de lectura de 5º e 6º de primaria. 



Como continuación da sesión anterior na que o alumnado elaborou un esquema no seucaderno dos personaxes da lectura "A rateira" de Agatha Christie, hoxe presentóuselle un desafío ao alumnado: serán capaces de identificar aos distintos personaxes nunha fotografía dunha representación teatral?

Claro que si, reto conseguido.

Ademais,ao final da reunión opinamos sobre o título da obra. O alumnado ofreceu o seupunto de vista sobre se o título parecíalles adecuado ou non e propuxéronse algúns títulos alternativos.