venres, 24 de novembro de 2023

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares-Concertados de Galicia

 Boas novas!

O noso centro ven de ser seleccionado para incorporarse no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares-Concertados de Galicia, logo da solicitude feita ao abeiro da Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se convocan axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24.


Esta incorporación suporá un impulso na nosa meta de facer da biblioteca "moito máis cun espazo con libros": elemento estratéxico para a innovación pedagóxica, que pode axudar a revitalizar as prácticas educativas e a vida cultural da escola, proporcionando ao profesorado e ao alumnado oportunidades para o emprego de múltiples recursos que permitan unha progresiva autonomía na aprendizaxe.

mércores, 22 de novembro de 2023

Día Mundial da Música: A música tamén se le!

 O alumnado de primaria acudíu á biblioteca para celebrar o Día Mundial da Música! Da man da súa profesora de música, María José Novo, escoitaron a historia "Na gruta do rei da montaña", baseado na obra Peer Gynt de , unha intrigante historia que lles axudou a valorar esta obra maestra. 


Aproveitaron tamén para consultar os libros da sección de música, porque a música tamén se le!




Vide a biblioteca a descubrir os fondos relacionados coa música!

luns, 20 de novembro de 2023

Participamos nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia

 Vimos de participar nas Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023, que tiveron lugar o sábado no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e cuxo lema foi "Unha biblioteca escolar en viñetas".

Foi un encontro no que tratouse do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado e do fomento da lectura. 








Foi unha oportunidade única para coñecer a coordinadores de bibliotecas escolares de toda Galicia e intercambiar ideas de boas prácticas.

Velaquí a ligazón ao programa.


mércores, 15 de novembro de 2023

Cantigas de amigo por alumnado de 2º e 3º da ESO

 O alumnado de 2º e 3º da ESO comparte estes vídeos no que interpretan dúas cantigas de amigo en galego-portugués logo de achegarse á literatura medieval na lingua que foi a orixe do galego e do portugués actuais. Parabéns, rapaces!

martes, 14 de novembro de 2023

Lectura compartida en 2º de primaria

 O alumnado de 2º de primaria acudíu a biblioteca para achegarse aos contos tradicionais, historias transmitidas oralmente de xeración en xeración, que recollen o saber popular, mesturan realidade e fantasía e axúdannos a entender de onde vimos e como temos cambiado.








luns, 13 de novembro de 2023

Novembro Gótico

 O alumnado de 3º de ESO ven de completar un mini proxecto sobre narrativa gótica, un dos seus xéneros literarios preferidos!



Logo de buscar información e ler extractos as obras máis populares, tales como Drácula, Os misterios de Udolfo, A abadía de Northanger, O extraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde, Frankestein, O Castelo de Otranto e Contos de Terror, elaboraron cartaces coas claves deste xénero que xa podes consultar na biblioteca.






Grazas a todos/as!

xoves, 9 de novembro de 2023

Selección de contos tradicionais

 O equipo de biblioteca ven de facer unha selección de contos tradicionais que podes consultar ou levar prestados. Descubre o saber popular a través de historias que che axudarán a saber como se vivía no pasado e como temos cambiado, ou non!


Agardámoste na biblioteca!


mércores, 8 de novembro de 2023

La Ratonera de Agatha Christie

 O alumnado de 3º da ESO comparte connosco unha das súas obras favoritas dentro dos títulos de "Hora de Ler", o momento no que len de forma individual e logo comparten impresións en grupo.

Trátase de La Ratonera, un clásico de literatura de suspense da célebre escritora británica Agatha Christie. Animádevos a coller un exemplar na biblioteca?