Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta poesía. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de marzo de 2025

Sesión musical na biblio

O alumnado de 4º ESO A, na materia de Música, están a filmar unha película para presentala no próximo Festival do Libro que se vai celebrar no colexio.A película titúlase “Na busca do libro perdido”, e é a continuación do proxecto do curso pasado, no que a historia presentouse en formato audiolibro.

Nesta ocasión, a biblioteca será o local de ensaio onde os alumnos están a grabar un playback con instrumentos de corda (violín e chelo) para darlle continuidade á película. 

Esperamos que vos guste! 

 



venres, 21 de marzo de 2025

Día da Poesía

 Hoxe, no Día da Poesía, a nosa biblioteca converteuse nun verdadeiro espazo de inspiración!

Todo o alumnado da ESO participou nunha actividade especial para achegarse á poesía galega e universal a través da investigación e a creatividade. 













Os estudantes exploraron os fondos da biblioteca, descubriron poetas e poetisas galegas como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Filomena Dato, e crearon biografías para compartir a súa vida e obra.

Tamén seleccionaron poemas de grandes autores nacionais e internacionais como Gustavo Adolfo Bécquer, Pablo Neruda e Gloria Fuertes, deixando un muro cheo de versos e emocións. 

¡Unha actividade que encheu de poesía as nosas paredes e mentes! 

xoves, 20 de xaneiro de 2022

Obradoiro de música e poesía na biblioteca

 Alumn@s da ESO veñen de participar nun obradoiro sobre música e poesía.  Grazas as versións musicadas de poemas como "Negra Sombra" (de Rosalía de Castro e adaptado por Carlos Núñez), "Palabras para Julia" (de Goytisolo e adaptado por Luz Casal) e "Cantares", a epopeia sonora de Joan Manuel Serrat a Antonio Machado) puideron analizar e valorar recursos estílisticos comunes a ambas artes.