venres, 29 de setembro de 2023

Contacontos con mímica

Logo de ler 3 relatos de Cuentos para entender el mundo, de Eloy Moreno, o alumnado de 2º da ESO, en grupos, escolleron esceas de tres contos, as simplificaron e as representaron usando a mímica, de tal xeito que os seus compañeiros tiñan que adiviñar a historia e a mensaxe. Foi unha divertida actividade colaborativa que permitíu activar destrezas de selección de información e a capacidade de expresión verbal e non verbal do alumnado.











Parabéns!

mércores, 27 de setembro de 2023

martes, 26 de setembro de 2023

Día Europeo das Linguas

 O alumnado de 3º ESO A ven de celebrar o Día Europeo das Linguas cunha actividade colaborativa na que activaron os seus coñecementos previos sobre os países que forman a Unión Europea. Logo de repasar as bandeiras europeas situándoas nos seus correspondentes países, intercambiaron información sobre o que sabían de cada un deles e elixiron unha emoción asociada. Foi una actividade moi interesante que axudou a comprender que estamos máis unidos do que imaxinamos.









xoves, 21 de setembro de 2023

Chat con autores da Ilustración

 Arranca o proxecto Hora de Ler cunha divertida actividade levada a cabo en 4º da ESO: “Chat literario con autores ilustrados”. Logo de documentarse sobre a literatura na Ilustración a través da lectura de Historia de la literatura universal de José María Valverde y Martín de Riquer Morera, o alumnado recreou un chat cos autores, intercambiando información e impresións sobre os temas clave, estilo e motivos característicos deste período.

Velaquí varias imaxes:










mércores, 20 de setembro de 2023

Novidades setembro

Velaquí catro novas adquisicións que veñen de chegar á nosa biblioteca:


  • Cuentos para entender el mundo. Volúmenes 1, 2 y 3. O célebre escritor Eloy Moreno, convídanos a pensar e sácanos un sorriso coas súas marabillosas reinterpretacións de contos e historias tradicionais. Ideal para ler só, con amigos ou en familia a partir dos 8 anos.
  • Me llamo Goa, de Miriam, contén a fermosa historia dunha nena con corazón de ouro e unha espíritu valente e moral inquebrantable.
  • Un lobo dentro, de Pedro Mañas, ofrécenos a oportunidade de adentrarnos nunha viaxe chea de misterio e suspense. Que ocorre cando descubres que levas un lobo dentro de ti?
Podes atopar estes títulos e moitos máis na biblio. Achégate!

mércores, 13 de setembro de 2023

Benvid@s ao curso 2023-24

 Comezamos a actividade lectiva con moitas novidades, tanto de fondos como de espazos. Agardamos que neste novo curso a biblioteca do colexio siga a ser para tod@s "moito máis que un espazo con libros".




 Achégate e non esquezas de ler as normas de funcionamento da nosa biblioteca ou de facer as túas recomendacións enchendo o formulario que atoparás á dereita.

Grazas de antemán!