Sabíades que moitas das grandes científicas da historia foron invisibilizadas só por seren mulleres? O alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo a traballar no proxecto #NoMoreMatildas para cambiar esta narrativa.
Os nosos nenos e nenas investigaron, reflexionaron e deron voz a aquelas mulleres cuxos logros quedaron na sombra. Compartimos estas imaxes do seu traballo na biblioteca: un esforzo por construír un futuro no que ningunha nena crea que a ciencia non é para ela.
¡Orgullosos do seu compromiso coa igualdade e coa xustiza histórica!










Ningún comentario:
Publicar un comentario