Os nosos peques de 5 anos viviron unha experiencia moi especial na biblioteca do colexio.
Todo comezou coa lectura de O punto, de Peter H. Reynolds, un conto que nos lembra que a creatividade pode comezar con algo tan sinxelo como un pequeno punto. A través da historia, descubrimos como unha nena aprende a confiar en si mesma e na súa capacidade para crear.
Despois da lectura, cada alumno partiu dun punto nunha folla en branco e transformouno nunha obra única. Utilizando pintura, ceras, lápices e rotuladores, deixaron voar a súa imaxinación e demostraron que, cando cremos en nós mesmos, somos capaces de crear cousas marabillosas.
Con esta actividade traballamos e disfrutamos de:
• O pracer pola lectura.
• O desenvolvemento da creatividade.
• O recoñecemento e uso das cores.
• A expresión a través da arte.
• O fortalecemento da confianza en un mesmo.
Foi unha experiencia enriquecedora que nos lembra que, ás veces, os grandes aprendizaxes comezan con algo tan pequeno como un punto.







Ningún comentario:
Publicar un comentario