venres, 6 de febreiro de 2026

Sesión 1 do seminario de formación do profesorado

 O noso profesorado iniciou esta semana a súa andaina no Seminario Permanente: O poder da lectura na escola de hoxe, unha formación clave para seguir transformando o noso centro nun espazo onde os libros sexan os protagonistas.





Nesta primeira sesión, tivemos o pracer de contar con Asun Carballo, asesora de bibliotecas escolares, quen compartiu connosco a súa ampla experiencia. Durante a xornada, abordamos puntos esenciais para o día a día do colexio:

• Organización e xestión: As claves para que a biblioteca sexa un espazoeficiente, accesible e vivo.

• A colección: Como construír un fondo bibliográfico equilibrado, atractivo e adaptado ás necesidades do alumnado actual.

• Impulso á lectura: Reflexionamos sobre a importancia vital de ler no desenvolvemento do pensamento crítico e exploramos novas fórmulas para contaxiar o pracer polos libros dende todas as áreas.

Esta formación supón un paso adiante no noso compromiso por facer da lectura o motor da aprendizaxe. Grazas a Asun Carballo polas súas ensinanzas e a todo o profesorado pola súa implicación neste proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario