O alumnado de 2º e 4º de Educación Primaria traballou de maneira conxunta o conto Candy Pink, unha historia que lles permitiu reflexionar sobre a diversidade, o respecto e a importancia de aceptarse a un mesmo. A sesión estivo guiada pola titora de 2º, Mary, e polo titor de 4º, Alberto, dentro do proxecto Lecturas polo Día da Infancia, en relación co ODS 4 (Educación de Calidade).
Esta actividade tivo como finalidade promover unha educación inclusiva e equitativa, ofrecendo unha oportunidade de aprendizaxe significativa para todo o alumnado.




Ningún comentario:
Publicar un comentario