xoves, 2 de outubro de 2025

Sesión de contacontos

 Hoxe na biblioteca do colexio vivimos unha xornada moi especial para celebrar a apertura oficial do curso. A actividade estivo dirixida aos tres cursos de Educación Infantil e tivo como protagonista o fermoso conto De que color es un beso? De Rocío Bonilla.





A coordinadora encargouse de dar vida á historia a través dun contacontos cheo de expresividade e emocións, que mantivo a atención e a ilusión dos nenos e nenas en todo momento. A historia fíxolles reflexionar sobre os sentimentos, as cores e a importancia de poñer imaxinación ao que sentimos.







Unha vez rematada a lectura, os máis pequenos tiveron a oportunidade de participar de maneira activa: colorearon unhas fichas con forma de beizos, elixindo eles mesmos a cor que máis lles gustaba para representar o seu propio bico. A diversidade de cores fixo que cada traballo fose único, igual que cada neno e cada emoción.

Como peche da actividade, repartíronse os carnés da biblioteca ao alumnado novo, un momento moi ilusionante que simboliza a súa benvida oficial ao espazo da lectura. Deste xeito, cada un deles leva xa na man a chave para descubrir novas aventuras, contos e coñecementos ao longo do curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario