O alumnado de 3º da ESO da materia de Francés levou a cabo unha actividade tan amena como enriquecedora: a creación dun mini dicionario de préstamos lingüísticos, titulado Le dictionnaire des emprunts.
Traballando de forma colaborativa, tanto analóxica como dixitalmente, os rapaces e rapazas recompilaron palabras do francés que teñen a súa orixe noutras linguas europeas. Clasificáronas segundo a súa procedencia (italiano, inglés, español, alemán, etc.) e reflexionaron sobre como as linguas se inflúen entre si ao longo do tempo.
🧠📚 Aprendemos vocabulario novo, coñecemos a etimoloxía de moitos termos e comprendemos como as linguas están en constante evolución, prestando e adaptando palabras duns idiomas a outros. Esta actividade tamén nos axudou a descubrir préstamos comúns co galego e o castelán, o que fixo aínda máis interesante o noso percorrido lingüístico.
Foi unha maneira diferente e entretida de aprender, poñendo en práctica tanto os contidos lingüísticos como as competencias dixitais e colaborativas. 💻🤝
Parabéns a todo o grupo polo seu traballo! 👏👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario