O alumnado de 2º e 4º curso de Educación Primaria participou recentemente nunha actividade moi especial enmarcada dentro do proxecto Lecturas pola Igualdade, relacionada co Obxectivo de Desenvolvemento Sostible nº 5 (ODS 5): Igualdade de Xénero.
A partir da lectura do libro El rosa, el azul y tú da autora Elise Gravel, nenos e nenas tiveron a oportunidade de reflexionar sobre a importancia do respecto, a liberdade e a necesidade de eliminar os estereotipos de xénero que, moitas veces, están presentes na vida cotiá.
A sesión foi dinamizada pola titora de 2º, Mary, e o titor de 4º, Alberto, que guiaron o diálogo e promoveron un espazo seguro para compartir ideas e experiencias.
🟣 Obxectivos da actividade:
Fomentar o pensamento crítico e o debate sobre os roles de xénero.
Promover a igualdade e o respecto desde a infancia.
Sensibilizar ao alumnado sobre a diversidade e a liberdade de ser un mesmo ou unha mesma.
Foi unha xornada enriquecedora, chea de aprendizaxes significativas e compromiso co futuro. Porque educar en igualdade é construír unha sociedade máis xusta para todas e todos.





Ningún comentario:
Publicar un comentario