Un proxecto de visibilización do papel das mulleres na ciencia e no deporte en 3ºESO
Durante varias sesións, o alumnado de 3ºESO participou nunha actividade interdisciplinar que combinou lectura, investigación e creatividade coa finalidade de poñer en valor o papel das mulleres na historia da ciencia e do deporte.
Para iso, partimos de dúas obras dispoñibles na biblioteca:
📖 "Mulleres no deporte: 50 mulleres que xogaron para gañar"
📖 "Mulleres na ciencia: 50 científicas célebres que cambiaron o mundo"
A partir da lectura destes libros, o alumnado escolleu figuras destacadas destes ámbitos e elaborou murais informativos nos que se recollen as súas achegas, logros e contextos históricos. Un traballo que favoreceu a reflexión sobre a igualdade de xénero e o recoñecemento de referentes femininos moitas veces invisibilizados.
🔬 Na materia de Bioloxía e Xeoloxía, centráronse nas seguintes científicas:
- Nettie Stevens
- Ada Lovelace
- Hipatia
- Jane Cooke Wright
- Rosalind Franklin
- Lise Meitner
- Bárbara McClintock
Cada mural recolleu datos relevantes, curiosidades e ilustracións ou fotografías das protagonistas, destacando a importancia do seu labor científico e a súa influencia ata os nosos días.
⚽️ No eido deportivo, tamén houbo representación de mulleres pioneiras en diferentes disciplinas, que abriron camiño a novas xeracións de deportistas.
Foi unha experiencia enriquecedora, que combinou lectura comprensiva, traballo en equipo, investigación e expresión artística, fomentando valores de igualdade, respecto e recoñecemento histórico.


















Ningún comentario:
Publicar un comentario