O xornal escolar de La Región faise eco da celebración do Día das Bibliotecas Escolares no noso colexio.
Unha xornada moi especial na que puxemos en valor a maxia dos libros, o pracer da lectura e a importancia das bibliotecas escolares como espazos para soñar, descubrir, compartir e aprender.
Queremos expresar o noso agradecemento a La Región por dar visibilidade ás actividades que realizamos no noso centro e por compartir esta celebración tan significativa para toda a comunidade educativa.


Ningún comentario:
Publicar un comentario