xoves, 26 de febreiro de 2026

Día da Lingua Materna

 Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Lingua Materna, o alumnado de 3º da ESO participou nunha actividade moi especial na biblioteca do centro, coa finalidade de poñer en valor a nosa lingua e descubrir a súariqueza cultural dun xeito lúdico e participativo.









Durante a sesión, os alumnos e alumnas aprenderon xogando numerosas palabras en galego relacionadas coa historia, a arte, a fauna e a flora de Galicia. A través de diferentes xogos didácticos, reforzaron vocabulario e ampliaron os seus coñecementos sobre o noso patrimonio cultural e natural.

Un dos xogos foi A Vacaloura, unha proposta dinámica que lles permitiutraballar o léxico galego de maneira divertida, fomentando a rapidez mental e o traballo en equipo. Tamén participaron nos xogos de Galiza no Tempo, centrados na historia e na arte de Galicia, onde tiveron que demostrar os seuscoñecementos sobre diferentes etapas históricas, personaxes relevantes e manifestacións artísticas do noso país.

Por último, xogaron a A Natureza no Camiño de Santiago, unha actividadeorientada a coñecer mellor a fauna e a flora galegas presentes ao longo do Camiño, valorando así a importancia da conservación do medio natural e do noso patrimonio ambiental.

A actividade resultou moi enriquecedora, xa que o alumnado puido celebrar o Día da Lingua Materna empregando o galego como ferramenta de aprendizaxe, comunicación e identidade, demostrando que aprender tamén pode ser unhaexperiencia divertida e significativa.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario