Na sexta reunión aventurámonos nas profundidades do mar e no mundo dos seres diminutos con A serea e Pulgarciña.
A serea ensínanos o valor do amor, o sacrificio e a liberdade, pois renuncia a todo por seguir o seu corazón, aínda que iso implique dor. Pola súa parte, Pulgarciña é un conto sobre a superación e a independencia, no que unha pequena nena aprende a escoitar a súa voz interior e a loitar polo seu destino.
Ambas historias teñen algo en común: mostran que a verdadeira forza está en ser fiel a un mesmo e en buscar o propio camiño. Durante a sesión falaremos dos soños, da identidade e do poder de decidir sobre a propia vida.

Ningún comentario:
Publicar un comentario