Con motivo do Día da Paz, na biblioteca realizamos unha entrañable sesión de contacontos dirixida aos peques de Educación Infantil, a partir da lectura do conto “A pomba da paz”. A historia serviunos como punto de partida para falar, dun xeito sinxelo e próximo, sobre o que significa a paz e como podemos convivir mellor cos demais.
Despois da lectura, os nenos e nenas convertéronse en auténticos axudantes da paz. Entre todos pensamos accións pequenas pero moi importantes para o día a día: compartir cos compañeiros, pedir perdón, escoitar con atención, axudar a quen o necesita e resolver os problemas falando con calma.
A través dos contos, os peques seguen descubrindo valores fundamentais que lles axudan a medrar nun ambiente de respecto, empatía e convivencia positiva. Porque educar na paz comeza dende os primeiros anos









Ningún comentario:
Publicar un comentario