Os nosos peques de 3 anos viviron unha experiencia máxica na biblioteca do cole acompañados pola súa teacher Eva e pola súa mestra María. Alí coñeceron ao entrañable Monstro de Cores, un conto que lles axudou a identificar e expresar as súas emocións como happy, sad, angry, scared, calm e loved a través das cores en inglés.
De forma natural e divertida, os nenos comezaron a usar expresións sinxelas como "I feel happy!" mentres exploraban como se sentían.
Unha mañá chea de lectura, emocións e aprendizaxe bilingüe que xa están a desexar repetir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario