Hoxe, o alumnado de 4.º da ESO viviu unha xornada especial na nosa biblioteca escolar. A través da lectura e análise do libro A orixe das especies de Charles Darwin, achegámonos a un dos fitos máis importantes da historia da ciencia: a teoría da evolución.
Durante a sesión, reflexionamos sobre a figura de Darwin e o seu impacto na bioloxía moderna, contextualizando o seu traballo dentro dos contidos estudados nesta última avaliación sobre as probas e teorías evolutivas. A biblioteca converteuse nun espazo de aprendizaxe activa onde o pensamento crítico, a curiosidade científica e a historia da ciencia se deron a man.
Unha vez máis, demóstrase que os libros son portas abertas ao coñecemento e que a biblioteca é un lugar clave para descubrir, pensar e compartir saberes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario