venres, 21 de marzo de 2025

Día da Poesía

 Hoxe, no Día da Poesía, a nosa biblioteca converteuse nun verdadeiro espazo de inspiración!

Todo o alumnado da ESO participou nunha actividade especial para achegarse á poesía galega e universal a través da investigación e a creatividade. 













Os estudantes exploraron os fondos da biblioteca, descubriron poetas e poetisas galegas como Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Filomena Dato, e crearon biografías para compartir a súa vida e obra.

Tamén seleccionaron poemas de grandes autores nacionais e internacionais como Gustavo Adolfo Bécquer, Pablo Neruda e Gloria Fuertes, deixando un muro cheo de versos e emocións. 

¡Unha actividade que encheu de poesía as nosas paredes e mentes! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario